6 nov 2013

Tombos XXL, A Tremosa


Nazaré-Portugal ? ... Mavericks-California ? ... Jaws-Hawaii ? ... Shipstern Bluff-Tasmania ? ... Tehaupoo-Tahití ?... non non non ... é A Tremosa, na Costa da Morte !!! 

Ben coñecida polos mariñeiros da zona de Corme, este super tombo foi recentemente descuberto para o mundo das Big Waves, e non é esta a única onda xigante que hai na Costa da Morte, que está empezando a coller sona como destino internacional para o surf extremo.

Tombos en Fisterra


Ver máis info en JetGalicia.

Polo momento estes tombos están fora do alcance do kayaksurf, e penso que seguirá sendo así por moito tempo, pero quen sabe se algún día haberá alguén que se atreva con eles. 
Existe o precedente de Tao Berman cando baixou unha XXL en Nelscott Reef, Oregón, ainda que sin quitarlle mérito a mín paréceme que foi máis ben unha operación de marketing que unha verdadeira surfada de kayaksurf en big waves.

No hay comentarios:

Publicar un comentario