27 feb 2010

"Predicción imperfecta"

Alerta vermella en toda Galicia, ventos de 150 km/h, cicloxénesis explosiva, "tormenta perfecta" .... pois non sei dónde, porque en Razo foi un día como outros tantos que houbo este inverno e nos que non se activou ningún tipo de alerta.

Seguramente nas zonas donde a tormenta tuvo incidencia estivera xustificado este nivel de alarma, pero desde logo aquí non foi para tanto.

Esta tarde Razo estaba así:





25 feb 2010

Circuito portugués de kayaksurf e waveski 2010

Xa hai datas para o circuito nacional portugués de kayaksurf e waveski. Desde aquí informaremos da evolución das probas e dos resultados.
Intentaremos que o CKSG tome parte nalgunha destas probas.

Este é o cartel enviado por Luis Pedro Abreu www.kayaksurf.net


Os amigos portugueses xa levan ¡¡¡ 10 anos !!! de competición nacional, e ademáis de organizar unha das probas de máis renome internacional como é o Ocean Spirit (clicar abaixo), onde ademáis do kayaksurf teñen cabida todolos deportes de ondas, tamén conseguiron organizar con gran éxito o Mundial de Kayaksurf´09. Parabéns.

Festival Internacional de Desportos de Ondas e Música.


24 feb 2010

Seguridade e rescate en río

O amigo Juan Teijeiro envíame o anuncio de un curso de técnicas de seguridade e rescate en río. Para todos os interesados esta é a información:

Curso Técnicas de Seguridad y Rescate en Río

13 y 14 de MARZO 2010

Organiza AVENESLA.

LUGAR SABERO (León)

CUOTA DEL CURSO. 100,00 €

INSCRIPCIONES E INFORMACION
info@ondabrava.com
TF: 630 810 260. www.ondabrava.com
info@avenesla.com
TF: 649 157 385

Congratulations Michael

Visitando as webs de Manuel Andrade www.kayaksurfgalicia.com e Luis Pedro Abreu www.kayaksurf.net encontreime con este impresionante vídeo, exemplo de superación e coraxe. Non podo resistirme a publicalo tamén aquí.

BIRTHRIGHT from Sean Mullens on Vimeo.

23 feb 2010

Entreno CKSG, sábado 27 Febreiro, Razo

O entreno do CKSG programado para o próximo domingo 28 de Febreiro en Razo adiántase ao sábado 27, as 15:30 horas.

A previsión é de ondas de 3 m, pero o vento forte de compoñente sur seguramente impedirá alcanzar ese tamaño.


21 feb 2010

Razo

A previsión para o sábado era de vento froxo de compoñente sur e ondas de 1,5-2 m, estas condicións son as idóneas para un bo día en Razo.



Vídeo de Rubén Añón.

12 feb 2010

Bastiagueiro

No que vai de ano xa fixemos dous entrenos en Bastiagueiro, praia de pouco mar, pero moi boa para surfear cando non se pode ir a outro sitio. Intentaremos sacarlle máis proveito.

Desta vez estiven na praia con Nef, Javi e José Carlos.

Acompañounos tamén Alex, o primeiro waveski do CKSG, que a pesar de levar pouco tempo co "aparello" xa lle saca bos movementos.

E como sempre, as boas fotos de Esther Otero.

Javi

Jose
Alex

2 feb 2010

Calendario 2.010 CKSG

Este é o calendario programado polo Club Kayaksurf Galicia para o ano 2.010:

28 Febreiro - Entreno CKSG - Razo (adiantado ao sábado 27)
14 Marzo - Entreno CKSG - Bastiagueiro
26, 27 e 28 de Marzo - Santa Cruz KS Festival - California, USA
18 Abril - Entreno CKSG - Covas
1 e 2 Maio - Mundaka Txapelketa - Mundaka
23 Maio - Entreno CKSG - Razo
5 e 6 Xunio - I Proba Campionato Galego KS (Open) - Razo
12 Xunio - Kayaksurf Session - Figueira da Foz, Portugal

5,6,7 e 8 Agosto - Kayaksurf Open Ocean Spirit - Santa Cruz, Portugal
5 Setembro - Entreno CKSG - Pantín
18 e 19 Setembro - II Proba Campionato Galego KS (Open) - Patos
Data a determinar - Campionato España KS (Open) - Ferrol