30 nov 2009

Un entreno e unha comida

O mar segue a “botarse por fora”, xa levamos unhas semanas con ondas que non baixan dos 3-4 m, e parece que vai a seguir así. Así que optamos por buscar unha praia onde non entre moito mar, Bastiagueiro.


Cando cheguei xa estaban na auga Joaquín (RPF Rapa Nui) , Nef (RPF Shark), Manuel (Mega Scarab) e Luis Pedro Abreu (Mega Neutron), tamén viñeron Javi e Juan pero quedadon en “terra”, como reporteiras gráficas contamos con Esther e María.
O mar tiña unha pinta algo fea, de cor café con leite. Entramos no lado dereito da praia, as ondas aquí non tiñan moito recorrido, máis ao centro da praia parecía que rompían algo mellor, fixen un intento de meterme alí pero había bastante “surfeiro” e volvín para a dereita. Cando viña a serie caía algún bo tombo, pero non conseguín facer nada bo.
Era a primeira vez que me metía en Bastiaguerio e como “recurso de urxencia” para días de moito mar está ben, pero non creo que dea para moito máis.
..... Cómo chovía cando saímos.

Nef

Manuel

Luis Pedro Abreu
Joaquín

Jose

Despois fumos a comer e viñeron tamén Xosé Miguel, Andrés e Peteiro coas súas respectivas.
Luis Pedro aproveitou a ocasión para facer entrega ao Equipo Galicia dun trofeo conmemorativo pola participación no Mundial de Kayaksurf´09, celebrado en Santa Cruz, Portugal.








Desde que viñemos do mundial foi a primeira vez que nos reuníamos, pero a partir de agora teremos que empezar a preparar o calendario do 2.010, con tres probas do Campeonato Galego, a Session Figueira da Foz, Mundaka e pode que alguna proba do campeonato de Portugal.

16 nov 2009

O Demo tamén fai kayaksurf

No kayakasurf.net Luis Pedro preséntanos ao Demo en persoa:

Foto: Pete Copp
"Foi avistado em águas britânicas e, a última vez, surfava algures por Cornwall (SW). É agressivo, feio que se farta e tem a mania que é o maior. Não respeita prioridades e julga-se o proprietário em qualquer spot por onde surfe. Se o avistar, comunique às autoridades! Não vá o bicho descer até à nossa costa..."

11 nov 2009

"News Team"

Desde hai uns días o “Costa da Morte Kayaksurf” forma parte da sección “News Team”, na web http://www.kayaksurf.net/, do noso amigo o portugués Luis Pedro Abreu, onde kayaksurfistas de todo o mundo publican noticias, fotos, videos, eventos e todo aquelo relacionado co noso deporte.
Tamén é posible acceder a web recentemente creada polo noso compañeiro Manuel Andrade, http://www.kayaksurfgalicia.com/.
O Equipo Galicia aumenta así a súa presencia no principal website do kayaksurf, pois desde hai algún tempo xa formaba parte de esta sección Javi Díaz, o que foi capitán do Equipo Galicia no pasado Mundial´09 celebrado en Portugal.





O http://www.kayaksurf.net/ é sen ningunha dúbida o maior portal de promoción e seguimento do kayaksurf a nivel mundial, sitio de referencia para todos nos, onde Luis Pedro da cabida o todo tipo de información, desde a historia do kayaksurf hasta as máis recentes noticias, reportaxes, entrevistas, encontros e viaxes, regras, maniobras, calendario de eventos e competicións, e tamén multitude de enlaces de clubes, portais, blogs, festivais e competicións, fabricantes de kayaks e accesorios, webs de previsións meteorolóxicas … e moito máis.

En nome de tódolos compoñentes do “Equipo Galicia” agradecémoslle a Luis Pedro todo o que está a facer por promocionar este deporte, e polo seu incondicional apoio para impulsar o crecemento do kayaksurf en Galicia.

Obrigado Luis !!!

7 nov 2009

Cálzate ben

Pés, xeonllos e cadeiras deben estar o máis axustados que sexa posible, sen que cheguemos a estar incómodos dentro do kayak, é a maneira de que o kayak responda inmediatamente aos movementos do corpo.
Para eso utilazaremos tacos ou pranchas de espuma ou “foam”, que son moi doados de traballar e que se amoldan ben as formas do kayak e do noso corpiño serrano.

Calzos dos pés
Recortaremos o foam dándolle a forma do interior do kayak, colocando tantas pranchas como necesitemos para cada pé.

No meu caso teñen forma de aleta de tiburón :)

Colocadas no seu sitio, aos dous lados do tabique central


Calzos das cadeiras
Xunto cos calzos dos pés penso que son os máis necesarios. Poñemos un en cada lado do asento de maneira que unha vez sentados sintamos unha certa presión nas cadeiras.
Pódense fixar con cola, pero eu utilizo cinta americana porque son as pezas que máis sufren e necesitan recolocarse con máis frecuencia.





Calzos dos xeonllos
Van pegados con cola pola cara interior do kayak a altura dos xeonllos, non son imprescindibles pero axudan a ir máis cómodo.


Musleiras
Para forrar a cara interior das musleiras utilicei retales de neopreno dos traxes vellos de buceo. Contra estas pezas faise moita forza coas pernas, por iso é importante ter un apoio cómodo.


O seguinte paso e calzar o cú …. qué mal soa isto …. pero non non, en este caso calzar o cú non significa o que se entende normalmente por calzar o cú. Refírome a poñer unhas pranchas de foam encima do asento para levantar o centro de gravidade, o cal permite cambiar os apoios de un lado a outro con mayor rapidez e menor esforzo, así melloramos os cambios de dirección do kayak e os xiros bruscos. O feito de ter o asento máis alto tamén nos axuda a manter as pernas máis apretadas contra as musleiras.

Unha prancha de "esterilla" de camping de 1 cm de espesor

Unha segunda prancha de foam de 3 cm de spesor

Terceira prancha de 1 cm


A cuarta e última prancha é unha peza que fai ao mesmo tempo de asento e de respaldo, e que se apoia tamén por detrás dos calces das cadeiras, de maneira que axuda a manter o conxunto máis firme.


O espesor total quedará reducido un par de cm despois de sentarnos encima.
Unha vez rematado o chollo intentamos entrar no kayak, e si podemos entrar sen dificultade … malo malo, hai que meter máis foam. É necesario ter que vencer un mínimo de resistencia para poder entrar, entón estaremos ben suxeitos.
O foam é un material que pouco a pouco vai perdendo volume coa presión do noso corpo, por iso é mellor calzar un pouco en exceso e despois de uns cuantos días de uso xa estará adaptado ao noso volume.

O resultados deixaranse ver desde o primeiro día.

Pois nada … a calzarse.

5 nov 2009

8 m

Como se pode ver no seguinte gráfico de MeteoGalicia a previsión para hoxe era de ondas que rondaban os 8 m de altura na costa galega.
É a segunda vez en poucos días que se alcanzan estas alturas de ondas, e está previsto que para o próximo domingo volvamos a ter o mar "bravo".



En Razo víase así:




E na Pedra do Sal así:



Moi bonito moi bonito, pero así non hai quen se molle.

2 nov 2009

2.009, o gran ano

Despois dos post anteriores, onde fixen un pequeno repaso das nosas historias "surfkayakeiras", agora toca falar do que fixemos este ano.

O 2.009 está sendo un gran ano, xunto cos compañeiros da zona de Ferrol e Coruña, comenzamos a facer os primeiros viaxes e participacións en competición:
Abril.
Estivemos en Euskadi a participar na "Mundaka Txapelketa 2009" onde compartimos ondas cos "pros" do kayaksurf tanto nacionais como internacionais. Foi na famosa onda de Mundaka onde se estreou o "Equipo Galicia".


Fotos de Esther Otero

Javi, na chepa de André Pinto
Jose

Esther, Jose, Juan, Quico, Javi, Jorge e Luz.Video de Luz Lombao


Maio.
Viaxamos a Figueira da Foz a tomar parte na "Kayaksurf Session 09" , evento sin carácter competitivo que organizan os amigos portugueses.



Xosé Miguel probando o "Bandit".
Javi

Jose
Xullo.
"Mundial Kayaksurf Santa Cruz 2009" .... jurjurjur ..... O Equipo Galicia con tres meses de vida e aínda sen sairlle os dentes, xa participa en un mundial da especialidade.

O "Equipo Galicia " estaba formado por: Paulo Simoes, Javi Díaz, Manuel Andrade (http://www.kayaksurfgalicia.com/), Xosé Miguel Primoy, Jorge Santiago, Iago Menduiña, Juan Teijeiro e Jose Piñeiro (este son eu).

Por suposto os resultados deportivos non foron para tirar foguetes, pero eso non será o que recordemos, será moito máis que eso. Acostumbrados a surfear en compañía de un, dous ... ou ningún compañeiro, de repente estamos no mar con veinte, trinta ... ¡¡¡ cuarenta kayaks !!! .... isto é o paraiso, pero non é todo, miras a un lado e estás disputándolle a onda a Chris Harvey, máis ala está Jonny Bingham ... o outro é Darren Banson ... Chris Hobson, Edu Etxeberría ... Dave Speller, Nathan Eades .... non se pode pedir máis, con esto xa era suficiente.

Tan solo nos quedaba disfrutar os dez días de competición e convivencia con xente de todo o mundo (Irlanda, Xapón, USA, Brasil, Portugal, Inglaterra, Escocia, Gales, Canadá, Australia .... ) e por suposto aprender moito de estes fenómenos .
Quero recordar especialmente aos amigos portugueses que nos axudaron moito xa desde antes de comenzar o mundial; Luis Pedro Abreu (http://www.kayaksurf.net/), Rui Fonseca (http://www.rpfkayaks.com/), Paulo Simoes e Ricardo Fernandes.

A praia de Santa Rita

As bandeiras do equipo
O Equipo (faltan na foto Manuel e Iago)
Manuel na súa manga clasificatoria ...

... e despois da manga.

Xosé Miguel antes da súa manga

Paulo

Jose
Rui Fonseca (manager de "RPF kayaks" e partocinador do equipo)

Ocean Spirit
Rui, Manuel e Xosé Miguel preparando o IC
Jorge "Banderas"



"Check Boat"

Xuntanza galaico-portuguesa
Setembro.
Viaxe a Davenport, California.
No mundial de Portugal tiven oportunidade de facer uns cuantos amigos, entre eles Jeff Hille e Wayne Waddingthon do equipo "West USA"; non perdimos o tempo e argallamos unha quedada nada menos que en California ... pois ben, mes e medio despois estaba surfeando en Davenport en compañía de un grupo de kayakeiros americanos entre os que había dous campións do mundo, Dave Johnston e Buck Johnson, tamén estaba o inglés Marc Woolward .... de luxo.

Marc, Jose, Buck e Wayne.

Buck Johnson

Marc Woolward

Dave Johnston

Jose Piñeiro



Ademáis visitei Steamer Lane, onde se celebra a máis mediática competición de kayaksurf a nivel mundial, pero lástima .... non había nin medio metro.

Steamer Lane
Estas e outras crónicas pódense ver máis ampliadas en: