24 abr 2017

Watertech Surf Machines xa está na Costa da Morte

Recentemente Rui Calado puxo en venta a marca portuguesa de surfkayaks e waveskis Watertech Surf Machines.
Últimamente a marca estaba un pouco parada debido a que Rui estaballe dedicando maís tempo a outra sección do seu negocio (watertechkayaks.com) de venta online, cursos, paseos en kayak e viaxes dirixidas e a tenda de Aveiro, e non podía atender como el quixera a W Surf Machines.


Pois ben, despois de cruzar un par de correos con Rui e facer unha viaxe a Portugal para aclarar algúns detalles e tamén visitar a fábrica de Nelo, pechamos o trato e agora a Watertech Surf Machines está en Galicia !
O que ven para a Costa da Morte é só a marca de surfkayaks e waveskis, a web online watertechkayaks.com/shop así como a tenda de Aveiro continúa en mans de Rui Calado.

Polo de agora non vai a haber grandes cambios no funcionamento da marca, seguiremos co mesmo fabricante (Nelo) e cos mesmos modelos de kayaks (ONA, The Fly, Bandit, 666 e Rampage) e o waveski Easy.

Agradecer a Rui Calado as facilidades que me dou para facerme ca W e tódolos seus consellos, ... e agora esperemos que a cousa rode ben !

https://www.watertechsurfmachines.com/
Contacto: watertechsurfmachines@gmail.com