29 abr 2013

Mundaka 2013 - Resultados

Xa estamos de volta na casa despois dunha longa viaxe desde Mundaka. Regresamos cansados pero contentos, a pesar do tempo frío e chuvioso disfrutamos unha vez máis das especiales ondas de Mundaka.


Este ano tivemos moi boas ondas, non foron das mellores que poden sair en Mundaka porque o vento no era o máis favorable, pero aínda así entraron series moi boas durante todo o finde, de esas que che fan sair da auga con unha sonrisa de orella a orella.

Resultados dispares para os elementos do Club Razo Kayaksurf.
Manuel e Rubén clasificaron terceiros nas súas respectivas mangas e quedaron fora. Pero por outro lado tamén viñeron felices, Manuel porque a pesar de estar con un hombro lesionado conseguíu competir e facer as súas boas ondas, e Rubén porque veu para casa co seu xoguetiño novo, unha Phamton X-Tech do trinque que estrenou alí mesmo.

Manuel (Foto Daniel Pérez)

Rubén

Pola miña parte eu fixen a mellor competición desde que vou a Mundaka (apesar de, leer máis abaixo).
O sábado en Open HP clasifiquei segundo na primeira manga e tamén segundo en cuartos de final, con sorpresa para mín mesmo, pois os rivais que tiña non me facían pensar en ter moitas opcións. O domingo tiña a semifinal con Edu Etxeverría (world champ ), Urko Otxoa (world champ) e Mauricio Borsari (un fenómeno), era unha manga para disfrutar ... pero aquí veu a miña monumental cagada !! ... estaba na agua facendo a semi de Master HP e cando termina pídolle aos compis que me tiren a miña licra que me toca para a semi de Open, métome para dentro do espigón do porto e cambio a licra, fago tempo alí descansando e falando cos que estaban conmigo na auga, sin darme conta de que en ese momento estaba comenzando a miña desexada semi de Open !!, hasta que Julen Arrizabalaga me dice que teño que entrar xa, que están competindo, .... salgo pitando e chego ao pico xusto cando acaban de poñer bandeira amarela, co tempo xusto para coller unha sola onda e quedar con cara de parvo.
É certo que non tiña ningunha opción para pasar a final, pero para unha vez que consigo entrar nunha semi de ese nivel ... joder joder, hai que andar máis ao loro José !!!
En categoría Master todo foi moito mellor, a primeira manga foi malísima, ca marea nun punto que a corriente arrastraba moito moito para fora e facía moi difícil coller nada, ainda así fixen primeiro e pasei a semis onde o mar cambiou a mellor, ahí fixen as miñas mellores ondas e tamén pasei primeiro. Na final volvín a coincidir con Mauricio Borsari, igual que na final do ano pasado, entraron ondas grandes e verticais, as máis duras que me tocaron en todo o finde, tamén papei un par de espumas potentes que me envolveron bien, ... finalmente e por segundo ano consecutivo fixen primeiro en categoría Master HP.


Jose (Foto Daniel Pérez)

Por primeira vez veu tamén a Mundaka o amigo Iván Pena do Club Xuvenil As Pontes, que participou en HP e en IC, aínda que non conseguíu pasar a primeira ronda fixo un bo debut.

Iván Pena (Foto Xabi Olano)


Clasificacións:
OPEN HP
1. Edu Etxeberria
2. Urko Otxoa
3. Chris Hobson
4. Julen Arrizabalaga


OPEN IC
1. Edu Etxeberria
2. Julen Arrizabalaga
3. Corin King
4. Xabi Olano


JUNIOR HP
1. Odei Etxeberria
2. Aidan Brackenbury
3. Edu Espinosa
4. Gorka Martin



JUNIOR IC
1. Odei Etxeberria
2. Aidan Brackenbury
3. Alfonso de Juana
4. Oier Uruburu


MASTER HP
1. Jose Piñeiro
2. Maurício Borsari
3. Xanti Ubera
4. Oscar Arenaza


WOMEN  IC
1. Teresa Carranza
2. Enara Ibarburu
3. Garazi Iturralde
4. Ainhoa Tolosa
5. Irati Bordagarai


WOMEN HP
1. Ainhoa Tolosa
2. Teresa Carranza
3. Garazi Iturralde
4. Iranzu Zorzalbere


Edu Etxeberría, triunfador absoluto da proba, outra vez máis (Foto Xabi Olano)

17 abr 2013

Mundaka 2013

Entramos na conta atrás para a undécima edición da proba de Mundaka, sólo nos queda este próximo finde para facer un último entreno antes de chegar a Euskadi e as previsións que temos en Razo non son moi boas, con vento de nordés para sábado e domingo.

Txema Carreto envióunos o cartel da proba, síntoo polo diseñador pero teño que decir que para o meu gusto non é dos máis bonitos que vin, esperemos que esa calavera non sexa premonitoria do que nos espera en Mundaka. ... Neptuno, fai o favor e pórtate ben.


16 abr 2013

Mega Flying Squad

Entreno de Chris e Aidan, vídeo de Austen Davies.

 

Dentro de dez días estaremos con eles en Mundaka, ... a ver si aprendemos algo !!

12 abr 2013

Be happy

O compi Rubén recórdanos con este vídeo os momentos de relax no pasado Xtreme Pantín 2012.
 
 

11 abr 2013

Goat mania !!

Boísimo vídeo, waveski de luxo, é o primeiro vídeo que vexo destes tipos, pero buceando por ahí seguro que se pode encontrar algún outro. Localizado en Nova Gales do Sur, Australia, ... terra de "cabras".


Goat mania part 1 from pete copp on Vimeo.

3 abr 2013

SCPF 2013 - Fotos Sean Watson

Fotos de Sean Watson

Matt Radis

Darren Bason

Jeff Hille

Dennis Judson

 Dave "the Wave" Johnston

Ver álbum completo aquí:

2 abr 2013

Santa Cruz Paddle Fest 2013

A 27ª edición do Santa Cruz Paddle Fest non contou esta vez con participación galega, ... crisis crisis la puta de la crisis !!


Polas fotos que chegan desde California vese que tiveron un bonito swell, máis pequeno que o ano pasado pero un pouco máis ordenado, en calquer caso unhas ondas caralludas.

Destacada actuación do vasco Julen Arrizabalaga que conseguíu a segunda posición en HP utilizando un equipo prestado, con un barco do ano da polca, un PS Mako, nada que ver cos kayaks de hoxe, é o mismo modelo que me prestou a min o amigo Wayne Waddington cando viaxei a California en 2009, un tronco.

Resultados:
Kayaksurf HP:
1.- Sean Morley
2.- Julen Arrizabalaga
3.- Ken King
4.- Darren Bason

Kayaksurf IC:
1.- Jim Grossman
2.- Mathew Hoff
3.- Darren Bason
4.- Eric Connor

Kayaksurf Master Open:
1.- Jim Grossman
2.- Sean Morley
3.- Matt Radis
4.- Ted Morris

Waveski Open:
1.- Tyler Lausten
2.- Ken King
3.- Fletcher Burton
4.- Ed King

Kayaksurf HP Women:
1.- Kate Duncan
2.- Rachel Krugman
3.- Devon Barker
4.- Kate Hives

Kayaksurf IC Women:
1.- Devon Barker
2.- Kristie Koski
3.- Morlee Griswold

Fotos de Inge Watson:
Venres
Sábado
Domingo

Dan Crandall

Julen Arrizabalaga

Sean Morley

Mathew Hoff

Jim Grossman

O tombo de Steamer Lane

Tódalas clasificacións xerais e puntuacións completas de cada manga aquí:

Máis información: