26 sept 2011

III Proba CNKW 2011 - Figueria da Foz

Rematou o CNKW 2011, este finde semana disputouse a última proba en Figueira da Foz.
Como sempre o traballo do Figueira Kayak Clube foi excelente, dous días de competición e freesurf perfectos, tempo de verán, boas ondas e moita xente na praia e na auga.


Cada vez gústame máis ir a Portugal, a acollida é sempre inmellorable, a participación moi numerosa en tódalas probas, ambiente agradable .... e ademáis e raro que non teñan ondas, e por si fai falta sempre hai un spot alternativo a poucos km ... viva Portugal !!!

Polo demáis a proba descurríu entre a Praia da Cova o sábado, e a Tamargueira o día seguinte.
O primeiro día o mar estivo un pouco mais baixo que o domingo, pero foi mellorando ao avanzar o día, deixando o mellor para o domingo.



Por parte do CKSG Alex Moure competíu na categoría de waveski, superando con éxito a primeira manga, e sendo eliminado en cuartos nunha manga na que non tivo sorte ao tocarlle xunto a dous rivais moi fortes.

Alex Moure

Eu polo contrario non fun capaz de pasar a primeira ronda, non fixen nada e nada me puntuaron.
Menos mal que pola tarde disfrutei de tres horas moi boas de freesurf, e o domingo pola mañán madruguei e fixen outra boa sesión en solitario antes de que comenzaran as semifinais.

Os podiums quedaron así:

Kayaksurf HP:
1º André Pinto
2º Bruno Melo
3º Pedro Castro
4º Luis Vieira

Kayaksurf IC:
1º Henrique Frazao
2º Paulo Simoes
3º Nuno Fernandes

Waveski:
1º Filipe Brás
2º Pedro Castro
3º Bruno Melo
4º Joao Vaz

Sit On Top:
1º Gonçalo Duarte
2º José Ratinho
3º Hugo Paz
4º Eurico Viana

Mellor onda:
André Pinto

Máis información e fotos en Kayaksurf.net e Kayaksurfigueira.com

20 sept 2011

Kayaksurf e TV

O kayaksurf aínda non saíu na TVG !!!

Como en casi todo seguimos indo por detrás do resto do mundo. En outros países non é nada raro que saia na televisión algunha imaxen ou reportaxe de kayaksurf, ... en outros países.

Pero en este país pouco se fai por deportes nos que non se atope algún balón ou pelota polo medio, ou saia fume dun tubo de escape.

Nas televisións de Portugal, Euskadi, Brasil, USA, Inglaterra ou Australia xa lle deron algún minuto ao kayaksurf, ... pero aquí aínda non encontraron o momento.

Ademáis non é tan difícil nin ocupa tanto tempo, no que duran uns cuantos anuncios de deterxentes para lavadoras, bebidas "cero coma cero" ou compresas super-absorventes poderían poñer algo como esto:

17 sept 2011

World Championship of Surf Kayaking 2011

Xa faltan poucos días para o comenzo do Mundial de Kayaksurf 2011. Programado para celebrarse inicialmente en Cape Hatteras, Outer Banks, North Carolina, pero debido aos destragos causados polo furacán Irene a proba desprazarase a Nags Head, nunha locolización próxima a primeira.


Como tódalas probas que se celebran a máis de 500 km de aquí non nos queda outra que velo a través da pantalla do ordenador, a puta crisis permanente non nos deixa aspirar a máis.

Mentras tanto recordamos os mellores momentos do último mundial disputado en Portugal no ano 2009, ... a este sí pudemos ir, estaba dentro do radio de acción da furgo !!


Vídeo do Northern Ireland Team

16 sept 2011

Open Kayaksurf Bastiagueiro

Os próximos días 29 e 30 de Outubro celebrarase o Open de Bastiagueiro, con probas de Kayaksurf, Waveski e o Trofeo RPF de Sit on Top.



Organizada por Javier Díaz, seguramente esta será a última proba da temporada 2011, e conta cos apoios habituais de Kayaksur.net, RPK Kayaks e a FGP.

5 sept 2011

Rematando o verán

Despois dun verán bastante froxo de ondas por fin tivemos un bo fin de semana con dous días seguidos con boas condicións.


Vídeo Maite