Rematou o CNKW 2011, este finde semana disputouse a última proba en Figueira da Foz.
Como sempre o traballo do Figueira Kayak Clube foi excelente, dous días de competición e freesurf perfectos, tempo de verán, boas ondas e moita xente na praia e na auga.
Cada vez gústame máis ir a Portugal, a acollida é sempre inmellorable, a participación moi numerosa en tódalas probas, ambiente agradable .... e ademáis e raro que non teñan ondas, e por si fai falta sempre hai un spot alternativo a poucos km ... viva Portugal !!!
Polo demáis a proba descurríu entre a Praia da Cova o sábado, e a Tamargueira o día seguinte.
O primeiro día o mar estivo un pouco mais baixo que o domingo, pero foi mellorando ao avanzar o día, deixando o mellor para o domingo.
Por parte do CKSG Alex Moure competíu na categoría de waveski, superando con éxito a primeira manga, e sendo eliminado en cuartos nunha manga na que non tivo sorte ao tocarlle xunto a dous rivais moi fortes.
Alex Moure
Eu polo contrario non fun capaz de pasar a primeira ronda, non fixen nada e nada me puntuaron.
Menos mal que pola tarde disfrutei de tres horas moi boas de freesurf, e o domingo pola mañán madruguei e fixen outra boa sesión en solitario antes de que comenzaran as semifinais.
Os podiums quedaron así:
Kayaksurf HP:
1º André Pinto
2º Bruno Melo
3º Pedro Castro
4º Luis Vieira
Kayaksurf IC:
1º Henrique Frazao
2º Paulo Simoes
3º Nuno Fernandes
Waveski:
1º Filipe Brás
2º Pedro Castro
3º Bruno Melo
4º Joao Vaz
Sit On Top:
1º Gonçalo Duarte
2º José Ratinho
3º Hugo Paz
4º Eurico Viana
Mellor onda:
André Pinto
Máis información e fotos en Kayaksurf.net e Kayaksurfigueira.com
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Ainda bem que gostaste...para mim tb é sempre um prazer ir surfar até à Galiza!!
ResponderEliminare gostei muito da imagem do blog....hehehe... ;-)
Abraço,
HN