31 may 2010

Peche de inscripcións

Rematado o prazo de inscripcións para o I Campionato Galego Open de Kayaksurf, 30 deportistas tomarán parte na competición que se disputará en Razo os días 5 e 6 de Xuño de 2010.



Confírmase a participación do equipo portugués Watertech, coa presencia destacada de André Pinto (Campión Mundaka 2010 e Campión Portugués de Kayaksurf 2006), Bruno Melo (Campión Potugués Kayaksurf e Waveski 2008), Miguel Carvalho (4º na final junior HP no Mundial 2009), Rui Calado (Campión Portugués Kayaksurf 2005 e Campión Portugués Freestyle 2007), Pedro Castro (Campión Portugués Kayaksurf 2007), Nuno Borges (Campión Portugués Kayaksurf 2003)
Tamén estará representando ao equipo Watertech unha das súas últimas fichaxes, o vasco Unai Uribeondo (2º no Europeo de Waveski 2008).

Ademáis dos W, desde Portugal virán tamén Rui Fonseca (RPF Kayaks), Paulo Simoes, Hugo Nascimento, Joao Vaz, Hugo Paz, Francisco Borges e tamén nos acompañará Luis Pedro Abreu de www.kayaksurf.net

De Asturias virá Elías García para surfear en waveski.

A participación galega estará cuberta principalmente polos membros do Club Kayaksurf Galicia, ademáis de outros amigos de diferentes lugares de Galicia.



¡¡¡ Que as ondas nos acompañen !!!

28 may 2010

Recordando Bakio

O vídeo xa ten tres anos pero creo que é moi bo, é a final HP do mundial de Bakio 07, onde Rusty Sage quedou primeiro por diante de Sean Morley, Chris Harvey e Edu Etxeverría ... e uns tombos perfectos para unha final.

18 may 2010

Dormida en Razo

Para os que veñades de lonxe e queirades facer noite en Razo podedes aloxarvos aquí:








Colaboradores do Club Kayasurf Galicia para o

I Campionato Galego de Kayaksurf
5 e 6 de Xuño de 2.010
Razo

Recordamos que o prazo de inscripcións remata o 29 de Maio.

17 may 2010

Nemiña 1/2 m

Nemiña con nordés frouxo e 1,5 - 2 m funciona ben, aínda que hoxe faltaba algo de mar, 1/2 m da para pouco pero é suficiente para un baño de unha hora ... e con soliño moito mellor.


Vídeo Maite





Foto de Álvaro Rodríguez

3 may 2010

Crónica Mundaka 2010

Finalmente o tombo de Mundaka non funcionou, o sábado a competición levouse a Bakio, alí tamén había pouco mar, pero suficiente para facer as mangas clasificatorias e cuartos de final.
As previsións para o domingo eran de que podía subir algo o mar e a organización optou por volver a Mundaka, e aínda que leventaba algo máis que o sábado non foi o que se esperaba.

A pesar diso vimos boas actuacións de aqueles que saben como aproveitar as ondas ainda que non pasen de 1 m.

Máis ou menos cumpríronse as previsións e nas finais estiveron case todos os favoritos, con Edu nas dúas finais, Speller en final HP e os irlandeses con presencia en casi todo e arrasando en junior.

Para Portugal levou a victoria André Pinto na máxima categoría, que quizais non era esperada pero demostrou que está en plena forma superando na final a Edu Etxeberría, Dave Speller e Xabi Olano.
En IC o vencedor foi Edu Etxeberría por diante dos irlandeses Johnny Bingham, Chris Hobson e Dessie Mcglinchey.

En Categoría junior HP o gañou Coring King seguido de Miguel Carvalho, Andy Mclelland e Jacke King. E en IC Andy Mclelland superou a Coring King, Josu Mentxaka e Jacke King.

En chicas o equipo vasco copou todas finais gañando en ambas Garazi Iturralde.

Quen non entrou en ningunha final foi o campión do mundo junior Adam Harvey, algo sorprendente visto o alto nivel que demostrou durante toda a competición, ademáis de ser un dos poucos que conseguíu sacar algún aéreo como este:

Foto Tim Harvey

En cuanto a participación do CKSG tivemos de todo. Javi o venres meteuse no mar e sufríu un tirón muscular na espalda que lle impedíu volver a remar hasta que tiña que entrar na súa manga (Heat 13), eso fixo que non estivera no seu mellor nivel e non conseguíu clasificar para cuartos, aínda así puntuou o suficiente para non ser o último da súa manga, na que estaban os cocos Johnny Bingham e Adam Harvey.

Eu tiven máis sorte e fixen unha boa clasificación (Heat 12) quedando segundo por detrás de Txema Carreto. As ondas non eran moi boas pero conseguín estirar un par delas o suficiente como para clasificar por diante do vasco Asier e o irlandés Matt Pothecary.
En cuartos de final (Heat 18) tocoume co campión do mundo Dave Speller, Bruno Melo e outra vez Txema, así a cousa pintaba mal, pero empecei ben e fun superando a Txema e a par de Bruno, pero nos últimos minutos o portugués puntuou unhas boas ondas e quedei fora na terceira posición ... creo que nunca volverei a ter tan cerca as semifinais de Mundaka como esta vez. Finalmente ocupei a 9ª posición na clasificación xeral.

Praia de Bakio


Estas foron as nosas clasificacións


Vídeo Maite


Fotos Esther Otero
André Pinto

Edu

Bruno Melo

Marc Teixidor




Pero ademáis de kayaksurf fixemos outras cousas interesantes ... como esta tremenda Mundakako Caldeirada ... larpeiros somos.


Expedición CKSG-Mundaka 2010, Jose, Maite, Javi, Esther, Cristina e Pablo.