29 jul 2010

Rumbo a Santa Cruz Ocean Spirit 2010

Isto é o que temos por diante para chegar a Praia do Navio en Santa Cruz ...


Visualizar o mapa ampliado

... 550 km de nada, que según o Google Maps se fan en 5h. 38 min. máis ou menos, pero que traducido a velocidade da Tiburoneta convértense en 8 horas ... o más.

Praia do Navio

Algunhas imaxes do Ocean Spirit 2009:
Fotos Tim Harvey





13 jul 2010

Ocean Spirit 2010

Xa está a chegar unha nova edición do Ocean Spirit, a maior concentración de deportes de ondas de todo o mundo, e que se celebra cada ano en Santa Cruz, Portugal.
Esta vez será na Praia do Navio, desde o 30 de Xullo ao 8 de Agosto.


Como en anos anteriores haberá competicións de surf, bodyboard, longboard, kitesurf, skimboard, paddleboard, surfski, kayak de travesía, waveski e por suposto kayaksurf.

A proba open de kayaksurf, os días 5 e 6 de Agosto, será puntuable para a Copa do Mundo 2010, polo que se espera a asistencia dos mellores na especialidade procedentes de Portugal, Inglaterra, Irlanda, Euskadi, EEUU, Italia, Brasil ...


Festa nocturna a diario na mesma praia e moitas actividades de promoción dos deportes de ondas abarrotarán por cuarta vez a Aldea Neptuno


Visualizar o mapa ampliado

Máis información en www.kayaksurf.net

Recordamos as tres esdicións anteriores:



6 jul 2010

Surf Boat

Hai moitas maneiras de surfear con pala. Por aquí só practicamos kayaksurf, waveski ou SUP (stand up paddel). En unha entrada anterior víamos os outrigger, surf en canoa con patín.

Outra modalidade diferente é o surf boat. Unha barca de 200 kilos, varios remeiros, un timonel e olas, moi parecido ao outrigger pero sen patín.


Estes son os principais ingredientes para a práctica do surf boat, unha modalidade deportiva descoñecida por estos lares, e que ten as súas raíces no salvamento marítimo das praias de Australia e Nova Zelanda.


Coñecido tamén como surf rowing, xa se compite a nivel mundial e aínda que a maior parte das probas se celebran en Australia agora empezan a chegar tamén a Europa.



Compiten varios equipos ao mesmo tempo. As embarcacións saen da praia, reman hasta unha boia fondeada máis alá da rompiente e volven a praia, deben facer tres veces o percorrido completo e de cada vez un dos remeiros debe sair do bote e correr hasta tocar a marca de meta.



Gobernar estas embarcacións nas ondas non parece doado, as abordaxes entre elas son habituais e poñer as quillas ao aire tamén ... pero non se pode facer a eskimotaxe.