13 jul 2010

Ocean Spirit 2010

Xa está a chegar unha nova edición do Ocean Spirit, a maior concentración de deportes de ondas de todo o mundo, e que se celebra cada ano en Santa Cruz, Portugal.
Esta vez será na Praia do Navio, desde o 30 de Xullo ao 8 de Agosto.


Como en anos anteriores haberá competicións de surf, bodyboard, longboard, kitesurf, skimboard, paddleboard, surfski, kayak de travesía, waveski e por suposto kayaksurf.

A proba open de kayaksurf, os días 5 e 6 de Agosto, será puntuable para a Copa do Mundo 2010, polo que se espera a asistencia dos mellores na especialidade procedentes de Portugal, Inglaterra, Irlanda, Euskadi, EEUU, Italia, Brasil ...


Festa nocturna a diario na mesma praia e moitas actividades de promoción dos deportes de ondas abarrotarán por cuarta vez a Aldea Neptuno


Visualizar o mapa ampliado

Máis información en www.kayaksurf.net

Recordamos as tres esdicións anteriores:



No hay comentarios:

Publicar un comentario