16 jun 2016

Xtreme Pantín 2016

Este ano o Xtreme Pantín convírtese no Galicia Paddle Games con probas de Kayaksurf, Waveski, Sup Wave e Sup Race.


Inscripcións online abertas !

8 jun 2016

Peniche 2016 - Resultados

En anos anteriores a de Peniche sería unha das tres ou catro probas que eu faría en Portugal, pero desde o ano pasado o CNKW está restrinxido a competidores portugueses e os de fora só podemos facer a proba open do circuito, así que esta vai a ser a única viaxe a Portugal este ano.

As pobres condicións de mar obrigaron a levar a proba a praia de Pico da Mota, o sábado o mar foi moi frouxo pero o domingo subíu bastante e entraron boas ondas.

Resultados:

Odei Etxeberría, vencedor en Open HP e Best Wave

Ver máis fotos de João Manuel Ribeiro Rosado


1 jun 2016

Saltada top level

Unha das saltadas máis guarras que vín, o tipo ve que Gus está a súa dereita pero dalle igual, e non contento con eso vaino buscando un par de veces para provocar a colisión.
Aloha??? from Gus Presa on Vimeo.