19 jun 2015

Inscritos - Worlds Pantín 2015

Inscripción de luxo para o mundial de Pantín, máis de 100 inscritos e entre eles moitos campións do mundo (Edu Etxeberría, Chris Hobson, Darren Bason, etc.). Virá xente procedente todo o mundo, de países tan dispares con Canada ou Australia, de moitas partes de Europa, e tamén de moi cerca como Euskadi ou Portugal, e por suposto de Galicia.


Listaxe completa de inscritos AQUÍ


8 jun 2015

Club Razo Kayaksurf - Worlds Pantín 2015

Xa estamos a menos de un mes para que comence o mundial e pouco a pouco empezamos a coñecer quén virá a Pantín.

Por parte do Club Razo Kayaksurf participaremos no mundial Juan Teijeiro, Manuel Andrade, Joaquín Rivas, José M. Bouzamayor e eu.
Para Manuel e para mín será a segunda vez que participemos en un mundial, a primeira foi en Portugal 2009, alí os resultados foron malos, a la par que merecidos porque pouco máis sabiamos facer que un recto.
Seis anos despois algo máis sabemos facer pero os resultados pode que non vaian a ser moito mellores, lo veremos, ... pero como xa dixen outras veces iso non é o máis importante.


Ademáis da competición individual tamén formaremos parte do Equipo Galicia xunto con compañeiros de outros clubs de Ferrol e As Pontes.