Por parte do Club Razo Kayaksurf participaremos no mundial Juan Teijeiro, Manuel Andrade, Joaquín Rivas, José M. Bouzamayor e eu.
Para Manuel e para mín será a segunda vez que participemos en un mundial, a primeira foi en Portugal 2009, alí os resultados foron malos, a la par que merecidos porque pouco máis sabiamos facer que un recto.
Seis anos despois algo máis sabemos facer pero os resultados pode que non vaian a ser moito mellores, lo veremos, ... pero como xa dixen outras veces iso non é o máis importante.
Ademáis da competición individual tamén formaremos parte do Equipo Galicia xunto con compañeiros de outros clubs de Ferrol e As Pontes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario