6 jul 2010

Surf Boat

Hai moitas maneiras de surfear con pala. Por aquí só practicamos kayaksurf, waveski ou SUP (stand up paddel). En unha entrada anterior víamos os outrigger, surf en canoa con patín.

Outra modalidade diferente é o surf boat. Unha barca de 200 kilos, varios remeiros, un timonel e olas, moi parecido ao outrigger pero sen patín.


Estes son os principais ingredientes para a práctica do surf boat, unha modalidade deportiva descoñecida por estos lares, e que ten as súas raíces no salvamento marítimo das praias de Australia e Nova Zelanda.


Coñecido tamén como surf rowing, xa se compite a nivel mundial e aínda que a maior parte das probas se celebran en Australia agora empezan a chegar tamén a Europa.



Compiten varios equipos ao mesmo tempo. As embarcacións saen da praia, reman hasta unha boia fondeada máis alá da rompiente e volven a praia, deben facer tres veces o percorrido completo e de cada vez un dos remeiros debe sair do bote e correr hasta tocar a marca de meta.



Gobernar estas embarcacións nas ondas non parece doado, as abordaxes entre elas son habituais e poñer as quillas ao aire tamén ... pero non se pode facer a eskimotaxe.

No hay comentarios:

Publicar un comentario