14 jun 2010

KS Session 2010

Bateuse o récord de inscripcións de edicións anteriores e a Kayaksurf Session 2010 chegou case a 60 participantes.

Os organizadores Joao P. Simoes, Hugo Nascimento e Luis Pedro Abreu

O sábado pola mañán empezou a Session na praia da Tamargueira, as ondas estaban faltas de algo de forza e con tanto kayak xunto había que andar lixeiro para pillar algo.

Por momentos había ondas que se baixaban hasta por catro e cinco kayaks xuntos ... as colisións eran case inevitables e víronse unhas cuantas ... pero daba igual ... a Session só é unha vez ao ano e si hai que chocar uns con outros pois chocamos.





Pola tarde cando comenzou a baixar a marea volvimos todos a auga. Despois de un par de horas de surfeo libre disputouse o "Trofeo Easy", promovido por Watertech para promocionar o novo waveski diseñado para iniciación.

Pedro Castro co novo "Easy"

O nome está ben escollido porque é un waveski con moita popa e bastante ancho, por iso é moi estable e fácil de surfear.
Disputáronse unhas oito mangas con dous waveskis en cada unha e 7 minutos de duración, o mellor puntuado sería premiado con un regalo da Watertech.

A xornada rematou coa cea no Health Clube, donde nos xuntamos máis de cen persoas.
Entre os premios e sorteos merece destacar a entrega de un trofeo que Bruno Melo fixo a Luis Pedro Abreu en recoñecemento pola súa labor de promoción do kayaksurf, e que lle foi concedido na proba de Mundaka de este ano.



Despois da cea sorteouse diverso material aportado polos patrocinadores da Session.

Pedro Pereira gañou o waveski "Easy" de Watertech

Joao Vaz levou o novo "Flash" de RPF, de tan só 8 kg de peso
Eu gañei o "Trofeo Easy" da W, un casco Gath ... que me queda moi ben


E despois dos premios, sorteos e regalos .... agradecementos, saúdos e despedida hasta a Session 2011 .... de luxo !!!


Fotos de Kayaksurf.net, Kayaksurf Figueira e Alberto Miguel.

Para ver máis:
http://www.kayaksurf.net/news
http://rpfkayaks.blogspot.com
http://www.kayaksurfigueira.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario