Mostrando entradas con la etiqueta Team Galicia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Team Galicia. Mostrar todas las entradas

14 oct 2017

Mundial de Kayaksurf en Irlanda do Norte

Falta unha semana para o inicio do mundial en Irlanda do Norte e xa temos todo preparado para voar hasta Dublín e despois conducir pola esquerda un par de horas hasta chegar a Portrush,


Vamos con unha semana por diante antes de que empece a competición para ir collendo a temperatura da auga, estes días aquí temos a auga rondando os 18ºC pero en Portrush non pasa de 13ºC.

De Galicia viaxamos José M. Bouzamayor, Víctor Ansedes e eu mesmo, somos poucos competidores galegos pero acompañantes levamos bastantes máis, en total fixemos un grupo de 14, pequerrechos incluidos, moitos máis que en algunha quedada das que facemos por aquí !

A equipación do Team Galicia está patrocinada por Orixen e Watertech Surf Machines

Para ver o programa, relación de inscritos e noticias do evento visitar a web oficial:


Aló imos !!