Por fin terminou a sequía, despois do último baño do lonxano día 18 de xaneiro hoxe volvín a mollarme.
Non recordo parón como este, dous meses sin meter auga con sal no corpo non pode ser bo.
As condicións de mar non foron as mellores, nin as miñas tampouco despois de tanto tempo parado, pero hoxe valía todo por malo que fose, había que mollarse sí o sí sí sí.
Luis tamén leva moito tempo parado, pero decidíu esperar unha semana máis e coller hoxe a cámara, ... alguén ten que facer as fotos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario