17 ago 2010

Edu Etxeberría

O francés Fred Jonneaux entrevista para BreizhRiders TV a Edu Etxeberría, que arrasou no Ocean Spirit 2010 vencendo nas categorías de Kayaksurf HP e IC, Waveski e tamén na proba combinada Waterman.


Ademáis de Edu tamén subiron ao pódium os seus compañeiros do Real Club Náutico de San Sebastián Urko Otxoa, Xabi Olano, Jon Fernández, Julen Arrizabalaga, Julen Seco, Teresa Carranza, Ainhoa Tolosa e Garazi Iturralde.

O Real clube Náutico de San Sebastián é a base do equipo vasco de kayaksurf, que en cada competición na que toma parte copa unha boa parte dos pódiums de cada categoría.
Xa participaron como equipo en tres mundiais (Costa Rica 2005, Bakio 2007 e Portugal 2009), e foron campións por equipos en 2007 e subcampións en 2009.

Equipo de Euskadi Campión no Mundial de Bakio 2007.

A nivel individual Edu Etxeberría foi campión de Europa 2006 en Mundaka, 2º na final IC e 4º na final HP no Mundial de Bakio 2007, campión da Copa do Mundo 2008, e no Mundial 2009 de Portugal foi 2º na final HP.

Edu Etxeberría.

Agora mesmo é favorito para gañar calquera competición de kayaksurf na que participe, ten un nivel técnico que poucos ou ninguén alcanza actualmente e a súa forma de surfear é única.

Ademáis do kayaksurf ten moitos títulos individuais en outras modalidades de kayak, é entrenador da sección de piragüismo do seu clube e é colaborador do programa de aventuras de TVE "Al filo de lo imposible".

Pincha aquí para ver o seu currículum.

No hay comentarios:

Publicar un comentario