Finalmente o tombo de
Mundaka non funcionou, o sábado a competición levouse a
Bakio, alí tamén había pouco mar, pero suficiente para facer as mangas clasificatorias e cuartos de final.
As previsións para o domingo eran de que podía subir algo o mar e a organización optou por volver a Mundaka, e aínda que leventaba algo máis que o sábado non foi o que se esperaba.
A pesar diso vimos boas actuacións de aqueles que saben como aproveitar as ondas ainda que non pasen de 1 m.
Máis ou menos cumpríronse as previsións e nas finais estiveron case todos os favoritos, con Edu nas dúas finais, Speller en final HP e os irlandeses con presencia en casi todo e arrasando en junior.
Para Portugal levou a victoria
André Pinto na máxima categoría, que quizais non era esperada pero demostrou que está en plena forma superando na final a Edu Etxeberría, Dave Speller e Xabi Olano.
En IC o vencedor foi
Edu Etxeberría por diante dos irlandeses Johnny Bingham, Chris Hobson e Dessie Mcglinchey.
En Categoría junior HP o gañou
Coring King seguido de Miguel Carvalho, Andy Mclelland e Jacke King. E en IC
Andy Mclelland superou a Coring King, Josu Mentxaka e Jacke King.
En chicas o equipo vasco copou todas finais gañando en ambas
Garazi Iturralde.
Quen non entrou en ningunha final foi o campión do mundo junior
Adam Harvey, algo sorprendente visto o alto nivel que demostrou durante toda a competición, ademáis de ser un dos poucos que conseguíu sacar algún aéreo como este:
Foto Tim Harvey

En cuanto a participación do
CKSG tivemos de todo. Javi o venres meteuse no mar e sufríu un tirón muscular na espalda que lle impedíu volver a remar hasta que tiña que entrar na súa manga (Heat 13), eso fixo que non estivera no seu mellor nivel e non conseguíu clasificar para cuartos, aínda así puntuou o suficiente para non ser o último da súa manga, na que estaban os cocos Johnny Bingham e Adam Harvey.
Eu tiven máis sorte e fixen unha boa clasificación (Heat 12) quedando segundo por detrás de Txema Carreto. As ondas non eran moi boas pero conseguín estirar un par delas o suficiente como para clasificar por diante do vasco Asier e o irlandés Matt Pothecary.
En cuartos de final (Heat 18) tocoume co campión do mundo Dave Speller, Bruno Melo e outra vez Txema, así a cousa pintaba mal, pero empecei ben e fun superando a Txema e a par de Bruno, pero nos últimos minutos o portugués puntuou unhas boas ondas e quedei fora na terceira posición ... creo que nunca volverei a ter tan cerca as semifinais de Mundaka como esta vez. Finalmente ocupei a 9ª posición na clasificación xeral.
Praia de Bakio


Estas foron as nosas clasificacións


Fotos Esther Otero
André Pinto

Edu

Bruno Melo

Marc Teixidor
