Esta vez sí !!!, despois do fiasco do 2010 agora parece que vai a boa e este ano viaxo a Santa Cruz, California.
Do 16 ao 18 de Marzo, será a vixésimo sexta edición da proba, que se disputa en Steamer Lane, o mítico spot californiano.
En 2009 xa me din un paseo por alí, foi despois do mundial de Portugal onde fixen migas cos integrantes do equipo Usa West Coast, non cheguei a surfear en Steamar Lane (spot imposible para o kayaksurf fora das datas da proba) pero sí en Davenport, moi perto de Santa Cruz.
Ademáis este ano tamén confirmaron a viaxe outros dous compañeiros galegos, Javier Díaz e Iván Pena.
A ver que facemos.
Rusty Sage, SCPF 2008, foto Gary Luhm