31 may 2010

Peche de inscripcións

Rematado o prazo de inscripcións para o I Campionato Galego Open de Kayaksurf, 30 deportistas tomarán parte na competición que se disputará en Razo os días 5 e 6 de Xuño de 2010.



Confírmase a participación do equipo portugués Watertech, coa presencia destacada de André Pinto (Campión Mundaka 2010 e Campión Portugués de Kayaksurf 2006), Bruno Melo (Campión Potugués Kayaksurf e Waveski 2008), Miguel Carvalho (4º na final junior HP no Mundial 2009), Rui Calado (Campión Portugués Kayaksurf 2005 e Campión Portugués Freestyle 2007), Pedro Castro (Campión Portugués Kayaksurf 2007), Nuno Borges (Campión Portugués Kayaksurf 2003)
Tamén estará representando ao equipo Watertech unha das súas últimas fichaxes, o vasco Unai Uribeondo (2º no Europeo de Waveski 2008).

Ademáis dos W, desde Portugal virán tamén Rui Fonseca (RPF Kayaks), Paulo Simoes, Hugo Nascimento, Joao Vaz, Hugo Paz, Francisco Borges e tamén nos acompañará Luis Pedro Abreu de www.kayaksurf.net

De Asturias virá Elías García para surfear en waveski.

A participación galega estará cuberta principalmente polos membros do Club Kayaksurf Galicia, ademáis de outros amigos de diferentes lugares de Galicia.



¡¡¡ Que as ondas nos acompañen !!!

28 may 2010

Recordando Bakio

O vídeo xa ten tres anos pero creo que é moi bo, é a final HP do mundial de Bakio 07, onde Rusty Sage quedou primeiro por diante de Sean Morley, Chris Harvey e Edu Etxeverría ... e uns tombos perfectos para unha final.

18 may 2010

Dormida en Razo

Para os que veñades de lonxe e queirades facer noite en Razo podedes aloxarvos aquí:








Colaboradores do Club Kayasurf Galicia para o

I Campionato Galego de Kayaksurf
5 e 6 de Xuño de 2.010
Razo

Recordamos que o prazo de inscripcións remata o 29 de Maio.

17 may 2010

Nemiña 1/2 m

Nemiña con nordés frouxo e 1,5 - 2 m funciona ben, aínda que hoxe faltaba algo de mar, 1/2 m da para pouco pero é suficiente para un baño de unha hora ... e con soliño moito mellor.


Vídeo Maite





Foto de Álvaro Rodríguez

3 may 2010

Crónica Mundaka 2010

Finalmente o tombo de Mundaka non funcionou, o sábado a competición levouse a Bakio, alí tamén había pouco mar, pero suficiente para facer as mangas clasificatorias e cuartos de final.
As previsións para o domingo eran de que podía subir algo o mar e a organización optou por volver a Mundaka, e aínda que leventaba algo máis que o sábado non foi o que se esperaba.

A pesar diso vimos boas actuacións de aqueles que saben como aproveitar as ondas ainda que non pasen de 1 m.

Máis ou menos cumpríronse as previsións e nas finais estiveron case todos os favoritos, con Edu nas dúas finais, Speller en final HP e os irlandeses con presencia en casi todo e arrasando en junior.

Para Portugal levou a victoria André Pinto na máxima categoría, que quizais non era esperada pero demostrou que está en plena forma superando na final a Edu Etxeberría, Dave Speller e Xabi Olano.
En IC o vencedor foi Edu Etxeberría por diante dos irlandeses Johnny Bingham, Chris Hobson e Dessie Mcglinchey.

En Categoría junior HP o gañou Coring King seguido de Miguel Carvalho, Andy Mclelland e Jacke King. E en IC Andy Mclelland superou a Coring King, Josu Mentxaka e Jacke King.

En chicas o equipo vasco copou todas finais gañando en ambas Garazi Iturralde.

Quen non entrou en ningunha final foi o campión do mundo junior Adam Harvey, algo sorprendente visto o alto nivel que demostrou durante toda a competición, ademáis de ser un dos poucos que conseguíu sacar algún aéreo como este:

Foto Tim Harvey

En cuanto a participación do CKSG tivemos de todo. Javi o venres meteuse no mar e sufríu un tirón muscular na espalda que lle impedíu volver a remar hasta que tiña que entrar na súa manga (Heat 13), eso fixo que non estivera no seu mellor nivel e non conseguíu clasificar para cuartos, aínda así puntuou o suficiente para non ser o último da súa manga, na que estaban os cocos Johnny Bingham e Adam Harvey.

Eu tiven máis sorte e fixen unha boa clasificación (Heat 12) quedando segundo por detrás de Txema Carreto. As ondas non eran moi boas pero conseguín estirar un par delas o suficiente como para clasificar por diante do vasco Asier e o irlandés Matt Pothecary.
En cuartos de final (Heat 18) tocoume co campión do mundo Dave Speller, Bruno Melo e outra vez Txema, así a cousa pintaba mal, pero empecei ben e fun superando a Txema e a par de Bruno, pero nos últimos minutos o portugués puntuou unhas boas ondas e quedei fora na terceira posición ... creo que nunca volverei a ter tan cerca as semifinais de Mundaka como esta vez. Finalmente ocupei a 9ª posición na clasificación xeral.

Praia de Bakio


Estas foron as nosas clasificacións


Vídeo Maite


Fotos Esther Otero
André Pinto

Edu

Bruno Melo

Marc Teixidor




Pero ademáis de kayaksurf fixemos outras cousas interesantes ... como esta tremenda Mundakako Caldeirada ... larpeiros somos.


Expedición CKSG-Mundaka 2010, Jose, Maite, Javi, Esther, Cristina e Pablo.

28 abr 2010

CKSG a Mundaka 2010

Será este fin de semana, os días 1 e 2 de Maio no famoso tombo de Mundaka.



Está confirmada a presencia de nomes ben coñecidos que posúen entre todos eles uns cuantos títulos mundiais, como son Dave Speller, Chris Hobson, Jonny Bingham, Edu Etxeberría, Urko Otxoa, Adam Harvey, Coring King e tamén a campiona do mundo en categoría feminina Ainhoa Tolosa.

Ademáis de todos estes titulados tamén estarán entre outros o brasileiro Mauricio Borsari e os portugueses André Pinto, Bruno Melo e Miguel Carvalho.

Todos son moi moi bos, e ahí no medio deles estaremos dous do CKSG que non somos tan bos claro, pero tampouco somos tan malos, así que alá imos a ver que podemos facer .... como mínimo pasalo ben e aprender un pouco.

Javi e Jose




20 abr 2010

I Campionato Galego Open Kayaksurf

Organizado polo Club Kayaksurf Galicia e a Federación Galega de Piragüismo terá lugar o I Campionato Galego Open de Kayaksurf, os días 5 e 6 de Xuño na praia de Razo, Carballo.

A competición disputarase nas seguintes categorías:
HP (eslora máxima 3 m)
IC (eslora maior de 3 m e menor de 4 m)
Sit On Top
Waveski
Plásticos (eslora máxima 3 m)

A competición rexirase polo Reglamento da Organización Mundial de Kayaksurf (WSKA) e só se puntuarán as manobras autorizadas pola Reglamentación Internacional de Kayaksurf.

É necesario ter ficha federativa en vigor, presentar as embarcacións con elementos interiores de flotabilidade, cordinos en proa e popa de lonxitude mínima 25 cm e deberán sobrepasar os extremos do kayak, tamén será obligatorio dispoñer de chaleco de flotabilidade e casco.

Para inscribirse acceder ao seguinte enlace: www.kayaksurfgalicia.com

A data límite para realizar a incripción será o día 29 de Maio.

Deberase abonar antes do peche de inscripcións unha cuota de 30,00€ con dereito a recibir unha camiseta conmemorativa do evento, asistir a cena do sábado e participar no sorteo de material.
Participar nunha segunda categoría ten un coste de 15,00€.

Razo


Visualizar o mapa ampliado

Colaboran:
Concello de Carballo
Protección Civil Carballo
Federación Galega de Piragüismo
Kayaksurf.Net
RPF Kayaks (fabricante portugués de kayaks)
VARADA (A Coruña)
Raz Surf Camp (Razo)
Surf & Rock (Razo)
Art Surf Camp (Razo)
Teirón (tienda surf Carballo)


19 abr 2010

CKSG en Baleo

En Covas estaba plato, en Pantín había moi pouquiño e en Baleo había 1 m escaso pero moi ben feito, así que alí quedamos para facer o entreno do CKSG.

Praia de Baleo

Xuntámonos uns cuantos .... ademáis de Jorge, Javi, Alex e Jose do CKSG, estiveron tamén Andrés, José Miguel, José Carlos, Joaquín e Pablo.

O día foi perfecto, con moito sol, vento en calma e ondas de dereitas e de esquerdas, moitas moitas ondas, 3 horas pola mañán e 2 horas pola tarde, a días así hai que sacerlles proveito.

As fotos son de Esther.

Jorge


Javi


Alex


José Miguel


Andrés


Joaquín


José Carlos


Pablo


Jose





O vídeo de Luz está no taller, saldrá próximamente.


18 abr 2010

Kayaksurf Session 2010, Figueira da Foz

Despois do éxito das anteriores edicións, este ano celebrarase por cuarta vez consecutiva a Kayaksurf Session Figueira da Foz, Portugal, o día 12 de Xuño, será na praia de Tamargueira, Buarcos.

É un encontro de carácter non competitivo, onde o que se pretende é facer unha xuntanza entre todos os "malucos" do kayaksurf e waveski e tamén se busca promocionar e dar a coñecer este deporte entre os non iniciados.


O verdadeiro impulsor da idea é Luis Pedro Abreu, o gurú do kayaksurf (http://www.kayaksurf.net/)




Vídeos promocionais con imaxes do 2008 e 2009



kayaksurfsession from João Vaz on Vimeo.




session teaser from João Vaz on Vimeo.


Por suposto o Club Kayaksurf Galicia estará presente en Figueira.
Lá estaremos!!!

15 abr 2010

Entreno CKSG, 18 de Abril, Covas

Seguindo o calendario do Club Kayaksurf Galicia o próximo domingo 18 de Abril, desde as 10:30, estaremos na praia de Covas, Ferrol.





Visualizar o mapa ampliado

Non faltedes.

A previsión é de pouco mar, si en Covas está moi baixo nos desplazaremos as praias cercanas, Pantín ou Ponzos.

... 1 metriño e medio non estaría mal.

13 abr 2010

Canoe Surfing

Unha das formas máis primitivas de surf foi a que se facía con canoa hai miles de anos.
As OC (Outrigger Canoe) son canoas hawaianas que levan fora da borda un patín ou estabilizador chamado batanga. É unha embarcación propia das illas do Pacífico, e poden levar desde un hasta seis palistas.

Así eran orixinalmente

E así son agora




Muito bom, muito bom !!!

Os amigos portugueses da W supéranse a sí mesmos .... acaban de producir, dirixir e interpretar a película nominada ao mellor corto cómico-dramático.
Muito muito bom !!!

8 abr 2010

I Proba Copa do Mundo 2010

A primeira proba da Copa do Mundo 2010 celebrouse o pasado mes de Febreiro en Sunshine Coast, na costa este australiana. Volvemos a ver en acción a dous que non teñen parada, Darren Bason e Steve Farthing, que tamén estiveron na segunda proba en Santa Cruz, CA.




Recordando o gran esforzo diario que tiña que facer o californiano Michael para poder surfear, podemos ver tamén no seguinte vídeo da mesma proba australiana o exemplo do brasileiro Felipe Lima, surfista que despois de sufrir unha fractura medular cambiou a táboa polo kayak para seguir disfrutando das ondas.

5 abr 2010

Steve Farthing en Santa Cruz

O "aussie" Steve Farthing demostrou en Santa Cruz que está en plena forma, quedou terceiro na clasificación final HP e fixo unhas surfadas moi boas como as que podemos ver neste vídeo.


Vídeo Ming

Just me @ the lane from steve on Vimeo.

3 abr 2010

Mundaka 2010


Os vindeiros 1 e 2 de Maio celebrarase a 8ª edición da Mundaka Kayaksurf Txapelketa, na famosa onda de esquerda da localidade vizcaína de Mundaka.

O Club Kayaksurf Galicia estará alí para facer a súa primeira participación oficial en competición.


A onda de Mundaka está considerada como a mellor e máis longa esquerda de toda a costa europea, é unha onda de ría que no seu extenso percorrido de máis de douscentos metros chega a alcanzar a praia de Laida, na beira oriental da ría.


O tombo de Mundaka
Xa estamos preparando a viaxe a Mundaka, se queredes acompañarnos contáctade co clube no correo: clubkayaksurfgalicia@kayaksurfgalicia.com





Visualizar o mapa ampliado

Recordamos aquí as crónicas de Mundaka 2009 publicadas por Juan e Javi en Quedayak

SCKSF 2010, Vídeo Finais