11 abr 2011

Mundaka 2011, Resultados

Esta vez a onda de Mundaka funcionou, o venres e o sábado as series entraban con forza e tamaño, por momentos con demasiado para o noso nivel. Desgraciadamente o peor período de mar coincidíu a última hora do sábado coa final Open HP, con moi pouco mar o que deslucíu un pouco unha final de luxo con Edu, André Pinto, Chris Hobson e Andy McLelland.

A participación foi moi alta con máis de 50 inscritos, de Euskadi, Galicia, Portugal, Irlanda e Brasil.


A participación galega foi a máis numerosa desde que imos a Mundaka, con catro inscritos representando ao Club Kayaksurf Galicia: Manuel Andrade, Rubén Añón, Jose Piñeiro e Javier Díaz.


O venres fixemos doble sesión de entreno, de mañán e de tarde, por sorte as condicións de mar e vento fixeron que houbese ondas todo o día incluso de marea alta, .... pasámolo pipa.

En canto aos nosos resultados globais non foron para destacar, pois dos catro só Manuel conseguíu superar a primeira ronda en Open HP, os demáis caímos as primeiras de cambio.
A parte diso o balance xeral é moi positivo, sobre todo para Rubén e Manuel, era a primeira vez que viñan a Mundaka e estaban algo inquietos pola fama que precede a esta onda, pero non necesitaron máis que baixar un par de ondas para soltarse definitivamente e fixeron o mellor surf da súa vida, con ondas larguísimas, rápidas e de tamaño .... e xa teñen gañas de volver o próximo ano, pois estar na auga con xente como Edu Etxeberría, Chris Hobson, Andy McLelland ou André Pinto sempre merece a pena.
Eu o venres conseguín facer algunha boa onda, sobre todo na sesión da tarde, pero o sábado non foi o meu día e non tiven opción de avanzar na competición, o que sí conseguín foi probar a batidora de Mundaka, que me fixo sufrir un par de revolcóns bonitos.

Manuel

Rubén e Mauricio

As clasificacións finais quedaron así:

OPEN HP
1- Chris Hobson
2- Edu Etxeberria
3- Andy McLelland
4- André Pinto

OPEN IC
1- Edu Etxeberria
2- Urko Otxoa
3- Xabi Olano
4- Chris Hobson

MASTER HP
1- Txema Carreto
2- Andrés Valle
3- Mauricio Borsari
4- Oskar Martínez

MASTER IC
1- Oskar Martínez
2- Mikel Caballero
3- Alberto Loza
4- Luis Abando

JUNIOR HP
1- Andy McLelland
2- Julen Arrizabalaga
3- Julen Seco
4- Gari

JUNIOR IC
1- Andy McLelland
2- Julen Arrizabalaga
3- Julen Seco

FEMININO HP
1- Ainhoa Tolosa
2- Garazi Iturralde
3- Teresa Carranza
4- Enara

FEMININO IC
1- Ainhoa Tolosa
2- Teresa Carranza
3- Garazi Iturralde
4- Cristina Ferrer

FEMININO JUNIOR
1- Teresa Carranza
2- Enara

Edu Etxeberría

Txema Carreto

Miguel Carvalho

Andy McLelland
Fotos Xabi Olano

Máis info:
www.kayaksurf.net
www.kayaksurfgalicia.com

3 abr 2011

Acabáronse os temporais de inverno ... ou eso parece.

As dúas últimas semanas foron bastante boas, con ondas de 1/1,5 m, mar moi ordenado e glassy por momentos, aproveitamos todos os días que pudemos para entrenar con vistas a Mundaka.
Estes últimos días compensaron todo o mal inverno que tivemos, con moitos temporais de mar e vento, mar de nordés e algún que outro vendaval de sur.

Fotos de hoxe en Razo:





Fotos de Manuel Andrade

Ver máis en www.kayaksurfgalicia.com

As próximas fotos xa serán desde Mundaka, o xoves salimos para alá.

24 mar 2011

Mundial Waveski Portugal 2011

Este ano disputarase o Mundial de Waveski, do 8 ao 14 de Agosto, dentro do evento do Ocean Spirit que se celebra cada ano en Santa Cruz, Portugal.


Será unha ocasión única para ver de perto aos cracks do waveski, a participación será de luxo e xa está confirmada a presencia dos mellores, Rees Duncan, Mathieu Babarit, Ton Cherry, .... ver
2011 World Titles Top 32

Para todos os interesados en participar na competición, xa está aberto o prazo de inscripcións, que remata o 15 de Xullo.

A inscripción deberá facerse on-line na WWSA. Para que a World Waveski Surfing Association acepte as inscripcións será condición indispensable estar federado en algún club de waveski ou kayaksurf.

Non temos noticias de que en España exista club algún de waveski, polo que o Club Kayaksurf Galicia ofrécese para que aqueles interesados en asistir ao mundial obteñan a ficha federativa cursando alta no noso club.
Podedes contactar con Alex Moure a través do correo jmf654@hotmail.com


Kayaksurf.net apoia a promoción e organización do 2011 World Waveski Surfing Titles


SCPF 2011, Vídeo



¿Parécemo a mín ou é que van "fostiaos"?

23 mar 2011

SCPF 2011, Fotos de Dominick Lemarie, Stormick

Seguimos con outra galería de fotos do SCPF 2011, esta vez o fotógrafo é Dominick Lemarie, e a súa web www.stormick.smugmug.com

Fotos do venres:
Clicar na imaxe para acceder a galería

Fotos do sábado:
Clicar na imaxe para acceder a galería

22 mar 2011

SCPF 2011, Fotos de Anders Landin

Na web do fotógrafo americano Anders Landin (www.landinview.com) podemos ver uns cuantos centos de fotos do SCPF 2011.

O día anterior ao inicio da proba déronse as mellores condicións de mar, as ondas eran de envexa:
Clicar na imaxe para acceder a galería.

Pero todo cambiou a partir do venres e o mar estropeouse:
Clicar na imaxe para acceder a galería.

20 mar 2011

SCPF 2011, Resultados

Por segunda vez consecutiva o vencedor en HP foi o americano Galen Licht, e en IC gañou outro americano, Jim Grossman.

Debido as malas condicións de mar e vento a proba deuse por rematada o sábado e suspendeuse a xornada do domingo.

Os resultados finais nas dúas principais categorías foron:

HP
1º Galen Licht
2º Steve Farthing
3º Dave Johnston
4º Dessi McGlinchey

IC
1º Jim Grossman
2º Setefano Bellotti
3º Dan Crandall
4º Geoff Jennings

Todas as clasificacións:



Fotos Bryon Dorr


Fotos Marc W.

Máis información en Kayaksurf.net

18 mar 2011

SCPF 2011, Día 1, Primeiras fotos

Non houbo sorte o primeiro día de competición en Santa Cruz e o mar non dou boas ondas, desordenado e feo, parecía un día de nordés en Razo.

Estas son as primeiras fotos que nos chegan desde California de Mickey Stowell

15 mar 2011

Unha espiña cravada

O ano pasado, xusto por estas datas, cravóuseme unha espiña que agora mesmo estáseme inflamando .... aaaaahhgg!!! .... e mentres non a bote fóra vaime seguir doendo.

Consultados os mellores especialistas neste tipo de doenzas, todos eles recomendan a aplicación do mesmo tratamento, que se suministra exclusivamente no "Centro Especializado en Extirpación de Espiñas", situado casualmente en Steamer Lane, CA.

A única solución posible sería causar alta no prestixioso CEEE, onde unha vez ingresado entraría de urxencia en quirófano para someterme a unha delicada operación, máis ou menos parecida a esta:

Santa Cruz Kayak Surf Festival 2007 from Garrett Kababik on Vimeo.


Aquí dous doentes recibindo o tratamento ...
... eu mentres tanto sigo en lista de espera.

Según declaracións de outros doentes xa rehabilitados, despois de seguir rigurosamente as prescripcións facultativas a espiña desaparece sen deixar rastro, ... pero ollo ... en calquera momento pode xurdir outro brote desta curiosa doenza, diagnosticada como "Síndrome Agudo de Dependencia do Kayaksurf".


... Espero gozar de boa saúde para seguir así de enfermo.

9 mar 2011

Mundaka 2011

Falta xusto un mes para volver a Mundaka, os días 9 e 10 de Abril disputarase a IX Mundaka Kayaksurf Txapelketa.


Este ano a participación galega será máis ampla que nunca, e o Club Kayaksurf Galicia estará presente de momento con catro surfistas que xa confirmaron a súa intención de tomar parte na proba, Manuel Andrade, José Piñeiro, Rubén Añón e Javier Díaz.

4 mar 2011

CNKW 2011

Os amigos portugueses xa teñen programadas as probas da temporada 2011 de kayaksurf e waveski.

Este ano serán tres as probas do circuito nacional a disputar en Foz do Arelho os días 7 e 8 de Maio, Santa Cruz os días 6 e 7 de Agosto e a última en Figueira da Foz os días 24 e 25 de Setembro.



Ademáis, fora do circuito celebraranse tamén o Kayaksurf Session en Figueira da Foz (11 de Xuño) e o Ocean Spirit en Santa Cruz (8-14 de Agosto).

3 mar 2011

A contraola

Darren Bason e compañía facendo unha contraola sobre arrecife en Old Woman Island, na costa oriental australiana.

23 feb 2011

Santa Cruz Paddle Festival 2011

Un ano máis preséntase a máis grande competición de kayaksurf, será de novo en Steamer Lane, Santa Cruz, CA, o mítico point break do surf californiano.

20 feb 2011

Precaución amigo conductor

Onte a previsión para Razo era de vento frouxo do sur, ondas de 4 m do oeste e ceo soleado. Despois de bastantes días, incluso semanas, con condicións de mar bastante malas, pensamos que podía ser un bo día, necesitabamos curarnos do síndrome de abstinencia con unha boa dosis de kayaksurf.

Finalmente comprobamos que o mar estaba moi grande, e aínda que hai días que con previsións de 4 m o mar está bastante baixo hoxe non era o caso.

Para empezar encontrámonos con unha forte orillera que nos puxo en apuros para entrar, ademáis a marea era grande (4,16) e estaba arriba xusto en ese momento.
Estas orilleras requiren ter un pouco de paciencia para decidir ben o momento de entrar, ademáis de paciencia tamén velocidade, pois este tipo de ondas ármanse moi pronto e non permiten dar marcha atrás. Unha vez que a tes enriba só cabe atravesala como unha frecha ou senón ... te papa.

E así foi, nos papó. Un tras outro fomos comprobando que tiña unha forza e altura considerables, o que nos fixo sufrir uns cuantos revolcóns e sentir cómo o casco facía regos na area.

Por sorte só tivemos que lamentar a rotura de unha pala e ter aínda agora area metida nas orellas.

Unha vez superada a orillera o importante era non volver a sufrila, o que requería surfear moi pendiente de abandonar a onda antes de chegar ao punto de non retorno. Esto non sempre é facíl cando o mar rompe con forza, e a veces veste atrapado por unha onda que non che permite abandonala e volves ao sitio donde non querías estar.

Pouco a pouco vaise collendo o ritmo do mar e poidemos surfear unhas cuantas ondas de bo tamaño, pero sempre estando máis pendiente de cómo íamos a zafar que de outra cosua.

Días así non dan para disfrutar moito do surf, execpto para xente de moi alto nivel, pero serven para manter alerta os sentidos e para non esquecer que o mar e o que manda.

15 feb 2011

Así se fai un aéreo

É un dos máis radicais riders do momento, menbro do equipo nacional de Irlanda do Norte, Campión do Mundo Junior HP en 2003, Campión da Copa do Mundo Junior en 2006 e Campión do Mundo Junior IC en 2007.

Xa estamos acostumados a ver espectaculares fotos de Chris Hobson, pero creo que este aéreo é do mellor.


Esta é a secuencia completa:




Fotos Malcolm Pearcey

2 feb 2011

¿E hoxe quén fai as fotos?

Unha parte fundamental de todo o contido que se mostra nun sitio como este son as fotos e os vídeos. Non sempre temos a alguén disposto a acompañarnos e pasar dúas ou tres horas mirando para nós cunha cámara na man. Por iso cando esto sí sucede parece que vamos con máis gañas de facer cousas para despois ver as manobras e correxir o que facemos mal.

Despois de pouco máis de un ano desde o día que naceu Costa da Morte Kayaksurf xa son moitas as fotos que aquí poidemos disfrutar, tanto nas entradas como na cabeceira do blog.

Imos agora a recordar algunhas das mellores, das nosas e tamén de xente de fora. Son todas as fotos de cabeceira publicadas en Costa da Morte Kayaksurf desde o día 2 de Novembro de 2009 ata hoxe. Que sirva esto tamén para recoñecer o traballo e paciencia dos fotógrafos ... eses sufridos amigos que soportan frío, calor, choiva ou vento mentras nós estamos pasándoo ben ... ¡¡vai por vós!!

30 ene 2011

RPF - CKSG

A colaboración entre o Club Kayaksurf Galicia e o fabricante portugués de kayaks e waveskis RPF segue adiante.


Despois dos sit on top e kayaks que a marca de Rui Fonseca nos deixou para disfrute do clube e de todos os que se quixeron achegar, a partir de agora teremos un waveski que RPF pon a nosa disposición para todos aqueles que queiran probalo.

O novo modelo que acaba de sair ao mercado é o Blast, un waveski perfecto para os que queren iniciarse na modalidade, e que hoxe probamos por primeira vez no entreno do CKSG na Praia da Fragata.



Barbakana co novo Blast

29 ene 2011

Entreno CKSG, 30 Xaneiro, movido a Praia da Fragata

Comunicado do Presidente do CKSG:

Hola a todos:

Cambio de playa, "La Fragata" en Ferrol será el spot escogido para disfrutar el domingo. Buenas olas en compañía de buenos amigos.

Os esperamos.

16 ene 2011

Proba superada

Xusto un ano despois de iniciarse no kayaksurf Rubén disfrutou o seu gran día. En Razo foi un día de vento forte de sur e mar grande. Caían uns tombos enormes pero Rubén tíñalle gañas a un día así.


Acompañóuno Pablo, que tivo mala sorte e na primeira remontada lesionou un dedo golpeándose contra o kayak.



O baño foi pequeno porque as condicións eran moi esixentes pero o resultado foi satisfactorio para Rubén, saíu da auga eufórico, e non era para menos, superou sobradamente o seu primeiro día de MAR.






13 ene 2011

Entreno CKSG, 30 Xaneiro, Razo

O próximo domingo 30 de Xaneiro o Club Kayaksurf Galicia convoca o primeiro entreno do ano. Será na praia de Razo a partir das 10:00 horas.

Razo - Foto: rotosurfworks.blogspot.com

Aínda é moi pronto para coñecer a previsión de mar e vento para ese día, pero esperemos ter algo de sorte e poder disfrutar unhas boas ondas.

11 ene 2011

Se non está aquí, non existe

No universo "on line" existe un lugar onde se pode encontrar todo o relacionado co kayaksurf e o waveski principalmente, pero tamén co kayak de travesía e incluso coas augas bravas. Non necesita presentación, pero non está demáis recoñecer o seu mérito.

Se necesitas información de calquera tipo referente a fabricantes, accesorios, webs, blogs, clubes, competicións, regras, festivais, publicacións, etc, etc, .... Kayaksurf.net é o sitio de visita obrigada, aquí está todo o que un se pode imaxinar, na sección LINKS hai máis de ¡¡¡ 800 enlaces !!! ... por iso é moi porbable que ... se non está aquí, non existe.

Desde o ano 2002, Luis Pedro Abreu ven informando diariamente desde Portugal de todo o relacionado co kayaksurf ou waveski en calquer lugar do mundo, e no 2.011 non será menos. Ademáis este ano haberá, entre moitos outros, dous eventos de máximo interés, o Mundial de Waveski en Santa Cruz, Portugal, e o Mundial de Kayaksurf en Outer Banks, Estados Unidos, os cales poderemos seguir de cerca con clasificacións, entrevistas, vídeos, fotos e información a diario.

Un portal único para disfrutar e aprender ...


3 ene 2011

O primeiro baño do ano

Despois do sábado día 1, xornada de recuperación da resaca findeañera, o domingo día 2 empezamos o ano con un baño en Razo. Non o recordaremos como un gran día, pois tivemos olas pequenas e orilleras, pero tampoco estaría mal que o peor día do 2011 sexa como este.


Vídeo Maite

27 dic 2010

O último baño do ano

Seguramente este será o último baño do 2010, e tamén foi o máis frío e o máis curto, o sol axudou a dar luminosidade as fotos pero a temperatura non a subeu nadita. Tal e cómo estaba o mar, calquera outro día estaríamos na auga entre dúas e tres horas, pero esta vez creo que pasamos pouco máis de unha hora ... o frío botounos fora.

Rubén Añón

Luis Veira

José Piñeiro

Fotos de Manuel Andrade
Máis fotos en kayaksurfgalicia.com

20 dic 2010

O Plan B funcionou

Cando en Razo o mar está pasado de voltas temos que recurrir ao Plan B. Tocaba facer uns cuantos kilómetros hasta dar co sitio adecuado. Despois de un par de paradas que non nos gustaron, finalmente acertamos co lugar escollido e tivemos unha boa tarde de kayaksurf.

Manuel Andrade

José Piñeiro




Vídeo Rubén Añón.