2 ago 2013

Copa Ibérica 2013 2ª Etapa - Santa Cruz Ocean Spirit - Resultados

Excelente fin de semana en Santa Cruz. Como sempre o Ocean Spirit non defrauda e a proba portuguesa foi do mellor que podemos atopar "around the world" ... e decir, que en ningún outro sitio hai nada parecido ao Ocean Spirit.

Foto Edu

Condicións de mar moi duras, con unha orillera moi potente que fixo estragos no material con varios barcos e waveskis rotos, e tamén provocou algunha que outra lesión. Esto non é sorpresa ningunha pois as praias de Santa Cruz son ben coñecidas precisamente por esto, ademáis de que as ondas, sexan mellores ou peores, están garantizadas durante casi todo o ano.



Desde Galicia desprazámonos un numeroso grupo de competidores e acompañantes, algo que se botaba de menos en viaxes anteriores, e sería bo que a partir de agora se faga habitual.


En cuanto aos resultados de todo un pouco, Iván e Dani chegaron a semis, os demáis caeron nas rondas previas e pola miña parte eu fixen unha boa proba conseguindo a victoria nunha bonita final con Bruno Melo, André Pinto e Luis Vieria.


Resultados:
Sit On Top
1.- Rui Ribeiro
2.- José Forte
3.- Gonçalo Marçalo
4.- Francisco Carvalho

Kayaksurf IC
1.- Henrique Frazao
2.- Iván Pena (Club Xuvenil As Pontes)
3.- Eurico Viana

Waveski
1.- Bruno Melo
2.- Julen Seco
3.- Rui Ribeiro
4.- José Forte

Kayaksurf HP
1.- José Piñeiro (Club Razo Kayaksurf)
2.- Bruno Melo
3.- André Pinto
4.- Luis Vieira

Best Wave trofeo Kayaksurf.net
André Pinto

Fotos Dani/Sandra:
Rubén

Jose

Iván

Dani

Edu

Alex

Fiz (Foto Gus Presa)


Zumba Fitness e Harlem Shake na piscina da Aldea Neptuno ... Long live Ocean Spirit !


12 jul 2013

Copa Ibérica 2013 2ª Etapa - Santa Cruz Ocean Spirit

Despois de dous anos de ausencia en Santa Cruz por fin volvemos ao Ocean Spirit, ainda que esta vez para mín será só en versión reducida xa que desgraciadamente non irei a proba internacional do 22 ao 26, senón só a 2ª etapa da Copa Ibérica o 27 e 28 de xullo, acompañado de Rubén Añón e Alex Moure do Club Razo Kayaksurf.
Tamén confirmaron asistencia Iván Pena, Daniel Pérez e Eduardo Pérez do Club Xuvenil As Pontes.



Esta vez a Aldea Neptuno instalarase na Praia do Mirante, onde a animación nocturna e diurna está asegurada.



Vídeo Ocean Spirit 2012

Seguir en Facebook:

8 jul 2013

CNKW 2013 - 2ª Etapa - Vila Nova de Gaia - Resultados

Rematada a segunda etapa do CNKW 2013 en Vila Nova de Gaia, con moito sol e medio metro ben ordenado.

Fotos João Vaz



Resultados:
Kayaksurf HP
1.- Bruno Melo
2.- Ivan Pena
3.- Ricardo Ribeiro
4.- Eurico Viana


Kayaksurf IC
1.- Ivan Pena
2.- Henrique Frazão
3.- Eurico Viana 


Waveski
1.- Luis Vieira
2.- Bruno Melo
3.- Diogo Melo
4.- José Forte 


Sit on Top
1.- Diogo Melo
2.- Ricardo Ribeiro
3.- Francisco Carvalho
4.- Eurico Viana


Best Wave Trophy (Kayaksurf.net)
Bruno Melo


O único participante galego foi Iván Pena con resultados excelentes, primeiro en IC e segundo en HP.
Tamén hai que destacar a presencia de Diogo Melo en dous podiums, algo que ultimamente xa non é sorpresa, o pequeno Melo segue os pasos do pai e en calquer momento quitaralle o trofeo Best Wave, dos que xa teñen na casa unha caixa chea.

1 jul 2013

CNKW 2013 - 2ª Etapa - Vila Nova de Gaia

Segunda etapa do CNKW 2013 integrada no Atlantic Surf Fest, este fin de semana na praia do Grão D`Areia, en Canidelo, Vila Nova de Gaia.




II ETAPA CNKW 2013 Vila Nova de GAIA from JoZeDuMar on Vimeo.

A esta segunda etapa do CNKW non irei, reservo o tiro para a segunda proba da Copa Ibérica no Ocean Spirit a finais de mes.

28 jun 2013

26 jun 2013

Xuntanza Kayaksurf-Waveski en Razo 07-07-2013

Este ano non hai competición en Razo, pero o que sí teremos será unha xuntanza para todos os que queiran vir a disfrutar dunha xornada de surf na que faremos algunha cousa novedosa e diferente.


O evento non é competitivo e a participación é gratuita.


Seguir o fío en:

13 jun 2013

Surf Kayak World Championships 2013

Xa falta menos de un mes para o inicio do Mundial 2013 en Sunshine Coast, Queensland, na costa este de Australia, .... moooooi lonxe de aquí.


Do 9 ao 21 de Xullo disputarase o campionato en Mudjimba Beach, nunca me coincidíu de pasar por alí (...) pero parce un sitio moi chulo.


WorldSurfKayakPromo from Stephen Worley on Vimeo.

A elección de Australia para organizar o mundial  fará que deixen de asistir moitos top surfers (precísanse moitos cartos para ir alí, e este deporte non é profesional) que lle darían moito máis nivel a proba, pero é o que hai, quen queira ser en 2013 campión do mundo ten que ir a Australia, e só de entre os que alí vaian saldrá o number one.

Vou a facer unha quiniela, eu aposto que os vencedores serán:
Grand Master: Txema Carreto
Master HP: Steve Farthing
Master IC: Darren Bason
Women HP: Kate Duncan
Women IC: Garazi Iturralde
Men HP: Edu Etxeberría
Men IC: Xabi Olano
Junior HP: Odei Etxeberría
Junior IC: Odei Etxeberría
Team Champion: Euskadi


Por favor, o mundial 2015 que caiga a tiro de furgo.

10 jun 2013

Alejo Pacheco

Conocido como Mr. Big Wave é un dos poucos que se atreven con tombos dos que dan medo, Alejo Pacheco (Costa Rica) é especialista en baixar ondas de tres ou catro metros ben medidos... e incluso algo máis grandes.

Esta "dropada campal" creo que é das máis bestias que nadie pode facer con un kayaksurf:
(Foto Jan Glenn)

Estas son outras olitas de Alejo:





Foto Stonefish

Como din en Costa Rica ... ¡¡ Pura vida !!

20 may 2013

Copa Ibérica 2013 - Peniche - Resultados

Gran finde en Peniche, con vento, frío, calor, sol, ondas, praia, amigos, e moita xente na primeira proba da Copa Ibérica 2013.
Desde Galicia viaxou un numeroso grupo de competidores e acompañantes, e xunto cos vascos e portugueses disfrutamos un bo fin de semana.

Na foto faltan Alex e Fiz

Condicións de tempo e mar moi inestables, o que fixo que a proba se disputase en dúas praias diferentes, o sábado en Supertubos con mar pequeno, e o domingo en Baleal con maior tamaño e consistencia.

Como sempre os surfistas de Euskadi foron os claros dominadores da proba, obtendo as mellores puntuacións e gran parte dos podiums.
Os portugueses, parece que esta vez en baixa forma, só conseguiron dous podiums en waveski (excepto en SOT onde só competían os locais)
En canto aos galegos penso que sacar dous podiums (eu 4º en HP e Dani 1º en waveski) non esta nada mal.

Resultados:
Kayaksurf HP
1.- Edu Etxeberría
2.- Xabi Olano
3.- Odei Etxeberría
4.- Jose Piñeiro (Club Razo Kayaksurf)


Kayaksurf IC
1.- Edu Etxeberría
2.- Odei Etxeberría
3.- Xabi Olano
4.- Urko Otxoa

















Waveski
1.- Daniel Pérez
2.- Ibón Aguirrezabala
3.- Bruno Melo
4.- Miguel Carvalho

















SOT
1.- José Forte
2.- Ricardo Ribeiro
3.- Gonçalo Marçalo
4.- Diogo Melo

















Kayaksurf HP Junior
1.- Hodei Crujeiras
2.- Teresa Carranza
3.- Oier Uruburu
















Kayaksurf IC Junior
1.- Oier Uruburu
2.- Hodei Crujeiras
3.- Teresa Carranza















Trofeo Best Wave (Kayaksurf.net)

Edu Etxeberría 
(foi necesario buscar a terceira mellor puntuación para desfacer o empate entre Edu e Xabi)

















Fotos de Dani e Sandra:
Dani

Iván

Bruno Melo

Edu Etxeberría

Jose

Perfecta organización a cargo do Peniche Surf Clube e a Escola Superior de Desporto de Rio Maior.


Delicatessen obsequio da organización

16 may 2013

Copa Ibérica 2013 - Peniche - Meteo

A previsión para este finde en Peniche parece que non nos vai a traer ondas moi bonitas, supoñendo que a proba se faga en Cantinho da Bahía, que non o sei, con vento e mar de noroeste moi forte o sábado e baixando bastante o domingo.


O bo de Peniche é que hai posibilidade de buscar diferentes orientacións según conveña dependendo da meteo.

Al tomate !!!


9 may 2013

Copa Ibérica 2013 - Peniche

Preparándonos xa para a segunda proba da temporada. Despois do bo inicio que tivemos en Mundaka iremos agora a Peniche, onde dará comenzo o CNKW e a Copa Ibérica 2013, os días 18 e 19 de Maio.


Para esta proba en representación do Club Razo Kayaksurf iremos Alex Moure e eu mesmo, ainda que se espera a presencia de máis competidores galegos, como Iván Pena e Daniel Pérez entre outros.


7 may 2013

Mundaka 2013 - Vídeo 3 de 3

Último vídeo da triloxía Mundaka 2013, unha recopilación das mellores ondas dos muchachos do Club Razo Kayaksurf, con Manuel Andrade, Rubén Añón e Jose Piñeiro.


Xa falta menos para Mundaka 2014.

2 may 2013

Calendario 2013

Confirmada xa a data da última proba do calendario que faltaba por definir, o Xtreme Pantín, que será finalmente os días 10 e 11 de Agosto.
Coa proba de Mundaka xa disputada este pasado fin de semana o calendario definitivo da temporada 2013 para as probas máis destacadas da península queda así:

Mundaka 27-28 Abril
Peniche, CNKW / Copa Ibérica 18-19 Maio
Vila Nova de Gaia, CNKW 6-7 Xuño
Santa Curz Ocean Spirit, Internacional 19-28 Xullo 
Santa Cruz Ocean Spirit, CNKW / Copa Ibérica 27-28 Xullo
Xtreme Pantín, Copa Ibérica 10-11 Agosto
Figueira da Foz, CNKW 21-22 Setembro
Bastiagueiro, Copa Ibérica 16-17 Novembro

1 may 2013

Mundaka 2013 - Vídeo 1 de 3

Primeiro vídeo dunha serie de tres da proba de Mundaka.
En este primeiro temos unha selección de algunhas das mellores ondas que filmamos durante todo o finde.



En breve saldrán os outros dous vídeos, un da final HP Open e outro cos mellores momentos dos riders do Club Razo Kayaksurf.