18 jul 2014

Be Water Waveskis

Despois de varias semanas de traballo por fin podemos decir que o choio está feito, Luis e eu embarcámonos nun proxecto para facer un waveski sin ter nin idea de como se traballa con mateiras primas como o poliestireno expandido, manta para laminar, endurecedores, epoxi, top-coat e cousas polo estilo.

A base de buscar información e vídeos para saber por dónde empezar, despois buscar dónde conseguir o material e as ferramentas necesarias, por último poñernos mans a obra e darnos conta que aínda non sendo díficil tampouco resultou fácil, porque os erros íamolos vendo xusto despois de cometelos, finalmente conseguimos rematar o traballo con un resultado que nos parece aceptable.

Este é o primeiro paso dun proxecto que chamamos BW Waveskis, en breve esperamos continuar facendo máis e mellores traballos, todo é empezar.

De este bloque saíu a criatura:

Fase de construcción:

















Wave acabado:








Luis, o project manager

Ficha técnica:
226x57 cm
Núcleo EPS 10 kg/m3
Stringer contrachapado okume 4 mm
Manta bidireccional 2x200 gr/m2
Resina Epoxi
Caixas Future

Agradecimientos:
A Dani porque gracias a el fixemos as plantilas.
A Joaquín e Juan polos consellos que nos foron dando en cada paso.


14 jul 2014

Atlantic Surf Frest - Resultados

Con un pouco de retraso imos ver cales foron os resultados das finais do Atlantic Surf Fest:

Edu Etxeberría


Kayalksurf HP
1.- Edu Etxeberría
2.- Odei Etxeberría
3.- Xabi Olano
4.- Edu Espinosa

Kayaksurf IC
1.- Iván Pena
2.- Gorka Martín
3.- Xabi Olano
4.- Edu Espinosa

Waveski
1.- Edu Etxeberría
2.- Odei Etxeberría
3.- Diogo Melo
4.- Dani Pérez

Sit On Top
1.- Carlos Dionisio
2.- José Forte
3.- Gil Melo
4.- Ricardo Fernándes

Best Wave
Xabi Olano


Os resultados do Club Razo Kayaksurf foron bastante discretos, entre Alex, Rubén e eu o máximo que conseguimos foi chegar a unha semifinal.
En cambio os compis do Náutico Folixa conseguiron un cuarto posto en Waveski (Dani Pérez) e unha victoria en IC (Iván Pena)

Fotos Ricardo Fernándes


2 jul 2014

Atlantic Surf Fest - Club Razo Kayaksurf

O Club Razo Kayaksurf estará en Gaia para participar na primeira proba da Copa Ibérica 2014.


Confirmada a inscripción de tres atletas:
Alex Moure

Rubén Añón

Jose Piñeiro

E outros dous que posiblemente tamén viaxen a Portugal pero que aínda non o confirmaron:
Manuel Andrade

Juan Teijeiro

Segunda viaxe da temporada que farei a Portugal, o primeiro foi a Peniche, e aínda quedan outros dous apuntados na axenda, Santa Cruz e Figueira da Foz.

30 jun 2014

5 jun 2014

Atlantic Surf Fest 2014 - Vila Nova de Gaia

Terceira edición do evento deportivo-musical Atlantic Surf Fest na praia do Canidelo, en Vila Nova de Gaia, que entre outras probas acolle a 2ª etapa do CNKW Circuito Magicam e a 1ª da Copa Ibérica de Kayaksurf e Waveski, e que terá lugar os días 5 e 6 de Xullo.


O amigo Rui Ferreira da Silva forma parte do equipo organizador e envíanos a información para divulgar en Galicia, e desde xa estamos invitados a viaxar a Portugal e disfrutar de un gran finde na praia.


Info da zona, onde comer, dormir, visitas de interés, etc. ver AQUÍ

Para os que viaxen coa familia pódense facer paseos a pé ou en bici entre a reserva do río Douro e as praias de Vila Nova de Gaia, hai máis de 30 km de carril bici e sendeiros peatonais con bonitas vistas e tamén parques infantís.

Ribeira de Vila Nova de Gaia

Río Douro

Reserva estuario do Río Douro

Praia de Canidelo

Ubicación - cómo chegar:

Aloxamentos con descontos para os competidores e acompañantes:
- Hotel Novotel Porto Gaia
Habitación dobre con almorzo incluido 65,00 € (Rexistrarse co nome Atlantic Surf Fest)
http://www.novotel.com/pt/hotel-1050-novotel-porto-gaia/room.shtml

- Camping Salgueiros
20 % desconto
http://www.canidelo.net/reg.htm

Consultar previsións de mar e vento en Praia do Canidelo:

Circuito Magicam 2014:

>>>>>>>>>> Inscripcións AQUÍ <<<<<<<<<<

Para máis información contactar con Rui Ferreira da Silva
Tlf.: +0351 93 514 5209

CNKW 2014 - Peniche - Resultados

Finalizada a primeira etapa do circuito portugués de kayaksurf e waveski na praia do Baleal en Peniche.
As condicións de mar non foron as mellores pero non estuvo mal. O tempo foi moi veraniego e como sempre gran ambiente na praia.


As marcas tugas aproveitaron a ocasión para lanzar os novos diseños para esta temporada, RPF presentou o Gun, un barco IC, os novos SOT aínda sen nome e tamén un novo shape de waveski.

Rui Fonseca coas súas novas máquinas
Fotos de Kayaksurf.net



E a familia Melo estrenou a sús nova marca, M Waveskis, con tres diseños diferentes de waveski e un SOT.


En cuanto aos resultados así quedaron cada unha das categorías:

E aquí está a representación do Club Razo Kayaksurf en Peniche, pocos pero buenos, ... as dúas de atrás non sei quénes son.