4 mar 2010

Mala noticia

David Castro "O Panadeiro", do clube Teixugos de Tomiño, faleceu o martes nun fatal accidente descendendo o río Vez, en Portugal.

Esta é a nota de prensa publicada pola Federación Galega de Piragüismo:
http://www.fegapi.org/fgp/arquivos-upload/novidades/2010/f1t2010n56.pdf

Precisamente a semana pasada publiquei aquí un anuncio dun curso de seguridade e rescate en río.
Sobre todo para os piragüistas non expertos, non era o caso de David, é imprescindible ter un mínimo de formación en seguridade e rescate para salvar con éxito situacións comprometidas que se poden dar en calquera momento.

No kayaksurf non debemos tampouco esquecer os riscos que implica a práctica deste deporte.
É fundamental dominar perfectamente a técnica da esquimotaxe, saber remolcar a un compañeiro e o seu kayak hasta a beira, debemos evitar surfear en zonas de rochas, saber recoñecer as correntes e as zonas donde as ondas rompen de maneira fea, manter a calma en momentos de apuro, e sobre todo non esquecer nunca que o mar sempre pode máis que nós.

No hay comentarios:

Publicar un comentario