16 mar 2012

De Razo a California - Dia 2

Primeira sesión en Steamer Lane as 08:00. Cando chegamos xa estaban na auga os australianos e os americanos. Os últimos en entrar a brasileira Bebeta, galegos e italianos.
Para o que nos estamos acostunbrados estas ondas son moi grandes, pero ao mesmo tempo son fáciles, levan moito volumen de auga pero rompen si violencia, excepto na primeira fase da onda.
Ondas de este tamaño en Razo serían perigosas, pero aquí parece ser que son das pequenas. Ademáis compartíamos series coa fauna local, leóns mariños, golfinos, nútrias e algún surfista.


Pola tarde presentación do evento, confirmación de inscripcións, BBQ de benvida con música en directo e tamén moita choiva.
Mañán comenza a competición as 06:00 (si,as 06:00) coas mangas SUP. Nos entramos a partir das 14:00 con Javi na manga 24, eu na 27 e Iván na 28. A previsión para mañán e que vai a entrar máis mar, a ver si temos sorte e non subimos polo "cliff" arriba.



No hay comentarios:

Publicar un comentario