A primeira etapa do CNKW, e tamén da Copa Ibérica de Kayaksurf e Waveski, disputouse o pasado fin de semana en Peniche. A proba trasncurríu con unhas condicións de mar moi pobres, o sábado en Baleal con mar moi pequeno e desordenado e o domingo en Almagreira con un pouquiño máis de mar e algo máis ordenado.
O importante foi que de novo disfrutamos de un finde na praia rodeados de kayaks e waves, con sol e moita xente que volveu a responder en gran número con un total de 43 participantes.
Como sempre hai que repetir os parabéns aos portugueses polo ben que saben facer estas cousas, a organización da proba foi perfecta, incluso con envio cada día a primeira hora da mañán de un sms aos participantes para anunciar a praia e hora de inicio da proba, e ademáis con emisión en directo de toda a proba a través de www.ustream.tv.
Desde Galicia viaxamos Iván Pena (Club Xuvenil As Pontes), Daniel Pérez e Javier Díaz ( Club Kayaksurf Galicia) e Jose Piñeiro (Club Razo Kayaksurf).
Daniel e Iván
Para Daniel e para mín a nota máis baixa do grupo, ningún dos dous conseguimos pasar da primeira ronda, polo que o domingo tivemos sesión de free surf, que eu aproveitei para probar o Fly de W e despois o Bullit.
Iván puntuou segundo na súa manga, pero tivo a mala sorte de sufrir unha rotura fibrilar que lle fixo pasar polo servicio médico e non pudo seguir en competición.
Javier foi o que mellor supo aproveitar as condicións que o mar nos daba e conseguíu chegar as semifinais de HP e tamén entrou na final de Waveski onde finalmente quedou en terceira posición.
Todos os resultados:
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario