Última etapa do circuito portugués en Peniche e terceira da Copa Ibérica, en esta ocasión con organización compartida a cargo do Peniche Surf Clube e o Figueira Kayak Clube
Esta vez as condicións de mar foron moito mellores que na proba do mes de Maio que tamén fora en Peniche.
Os dous galegos que viaxamos a Peniche conseguimos resultados caralludos, por encima do que esperabamos creo eu.
Iván sacou un segundo posto en Kayaksurf IC por diante de Bruno Melo, Miguel Carvalho e compañía, e o só leva 5 meses co IC.
Pola miña parte eu conseguín un primeiro posto en Kayaksurf HP.
Galicia Calidade !!
Final Kayaksurf HP:
1.- Jose Piñeiro (Club Razo Kayaksurf)
2.- Bruno Melo
3.- Miguel Carvalho
4.- Paulo Simoes
Final Kayaksurf IC:
1.- Paulo Simoes
2.- Iván Pena
3.- Rui Calado
4.- Bruno Melo
Final Waveski:
1.- Bruno Melo
2.- Miguel Carvalho
3.- Rui Calado
4.- Hugo Paz
Final Sit on Top:
1.- Eurico Viana
2.- José Forte
3.- Gonçalo Marçalo
4.- Francisco Carvalho
Best Wave:
Bruno Melo
Fotos de José M. Oliveira e Sousa:
Pinchar para acceder ao album
e fotos de Pedro Carvalho:
Mentras esperamos pola edición de vídeos xa temos o primeiro de Joao Vaz
Polo demáis teño que decir o de sempre, gran ambiente e gran acollida dos amigos portugueses.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario