Xa sairon as datas para as probas da temporada 2014, só falta por confirmar o Xtreme Pantín, que será en agosto pero non sabemos aínda os días exactos.
Como sempre o inicio da temporada será en Mundaka, unha proba moi exixente a que non falto desde 2009 e que me gusta especialmente, porque é unha das ondas míticas, onde ademáis dos cracks vascos normalmente sempre asisten algúns ingleses e irlandeses, e particiar nunha proba de carácter internacional tamén é unha motivación extra.
Na Copa Ibérica entran dúas probas novas pola parte portuguesa, Vila Nova de Gaia e Figueira da Foz, que substitúen a Peniche e Santa Cruz.
O circuito portugués tamén ten as datas confirmadas para as catro probas.
(Carteis de Kayaksurf.net)
Más info en Kayaksurf.net
30 ene 2014
24 ene 2014
Kayaksurfing River
Non é moi habitual ver vídeos de kayaksurf en río, normalmente a xente que entra en ondas de río é para facer rodeo ou freestyle.
Pero co barco adecuado tamén é posible marcar unha boa surfada en auga doce.
23 ene 2014
Video Comp 2013
Dani Pérez empeza o 2014 ganando o concurso de vídeos promovido por Kayaksurf.net.
Os catro xuices ( Xaver Walser, Marcelo Bomfim, Joey Hall e Spencer Cooke) premiaron o vídeo de Dani por diante dos outros dous finalistas (Sam Jones e Lucy Garbutt en 2º lugar e Austen Davies en 3º lugar)
Boa maneira de empezar a temporada, parabéns !!

22 ene 2014
Suscribirse a:
Entradas (Atom)