Xa sairon as datas para as probas da temporada 2014, só falta por confirmar o Xtreme Pantín, que será en agosto pero non sabemos aínda os días exactos.
Como sempre o inicio da temporada será en Mundaka, unha proba moi exixente a que non falto desde 2009 e que me gusta especialmente, porque é unha das ondas míticas, onde ademáis dos cracks vascos normalmente sempre asisten algúns ingleses e irlandeses, e particiar nunha proba de carácter internacional tamén é unha motivación extra.
Na Copa Ibérica entran dúas probas novas pola parte portuguesa, Vila Nova de Gaia e Figueira da Foz, que substitúen a Peniche e Santa Cruz.
O circuito portugués tamén ten as datas confirmadas para as catro probas.
(Carteis de Kayaksurf.net)
Más info en Kayaksurf.net
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario