Unha tras outra xa levamos cinco alertas vermellas, a de hoxe con ondas de entre 8 e 10 m.
Durante os últimos dous meses só un día foi posible meternos en Razo, e non foi unha sesión fácil.
Esta sucesión de temporais no mar obrigóunos a buscar unha alternativa a Razo, e dado o grao de virulencia destes temporais a única ou unha das poucas opcións válidas era ir a zona do Pedrido, na ría de Betanzos.
En total levamos cinco viaxes ao Pedrido, e si as catro primeiras sesións foron boas, aceptables, e incluso unha delas moi boa, este pasado finde atopámonos con algo que non sospeitabamos que podía pasar alí.
Oleaxe moi potente con ondas de 2 e hasta 3 m e bombeo contínuo. Situámonos no extremo esquerdo do pico, nin intentamos buscar a zona máis potente da onda.
Todo esto nunha zona moi protexida da ría, a unhas 6,5 millas (12 km) da bocana da mesma.
A saída a terra tampouco foi do mellor. O areal polo que entramos na ría estaba cuberto pola marea, as ondas chegaban a bater contra o talude do terreo e non era boa idea intentar sair por alí. Así que tivemos que facer unha remada extra de 1 km máis cara ao interior da ría, xusto hasta debaixo da ponte do Pedrido, para atopar un lugar no que desembarcar sen problemas, isto obrigóunos a facer un paseo a pé por estrada hasta onde tiñamos os coches estacionados e voltar logo a recoller os barcos.
Esto pode dar unha idea de como está de cabreado o noso amigo Neptuno, ... a ver si lle pasa pronto.
A que me recorda esto?
ResponderEliminarMenos mal que non hai toxos...
jeje, como se suele decir en casos así o importante é non levar un golpe
ResponderEliminar