27 ene 2015

Santa Cruz Paddlefest 2015

A primeira gran proba internacional do 2015 será en Steamer Lane, Santa Cruz, CA, un dos lugares míticos do kayaksurf.

Despois das 28 primeiras edicións co tamén mítico Dennis Judson ao frente da organización este ano será outra xente a que colla o relevo e continúe co traballo que el e o seu equipo fixeron hasta agora.


Na edición de 2012 tiven a sorte de poder participar en Steamer Lane e a sensación de estar alí foi única. Quedei con gañas de voltar tan pronto teña oportunidade, ainda que vai a ser difícil e nada barato pero sarna con gusto non pica, ... e si pica que pique, que total non imos levar nada con nós.

Vídeo 2012


Steamer Lane


No hay comentarios:

Publicar un comentario