27 ene 2016

Santa Cruz Paddle Fest 2016

E con este serán 30 anos do Santa Cruz Paddle Fest, unha das mellores probas do mundo de kayaksurf e waveski.

Este ano o cartel é moi chulo, diseño do artista Drew Brophy


A proba está programada para os días 17,18, 19 e 20 de Marzo en Steamer Lane, Santa Cruz, CA.


O artista traballando no cartel




22 ene 2016

Handplane feito na casa

De tódalas modalidades de deportes de deslizamento o bodysurf seguramente sexa a máis primitiva, tanto que se pode practicar sin ningún tipo de artefacto, só utilizando o corpo para sustentarse na parede da onda xa podemos facer surf.

O handplane funciona como si fose unha man de gran superficie que axuda a ter maior apoio sobre lámina de auga o que facilita o deslizamento.

Por aquí aínda non hai moita xente que faga este tipo de surf pero non é nada novo en Portugal, donde xa teñen un circuito nacional, por non decir en California, Hawai ou otros lugares con máis tradición de deportes de ondas.



O meu primeiro handplane feito na casa quedóume así:







19 ene 2016

Mundial Kayaksurf Pantín 2015 - Resultados

Con un restraso máis que excesivo imos a ver os resultados do Mundial de Pantín 2015.



Primeiro comentar que foi unha semana única, a participación foi de luxo e as olas responderon cada día, uns días máis que outros pero sempre tivemos olas, sobre todo o mércores con un oleaxe moi potente.

Así quedaron as finais:

OPEN HP
1.- Edu Etxeberría (EUS)
2.- Paul Robertson (WAL)
3.- Nathan Eades (WAL)
4.- Urko Otxoa (EUS)

OPEN IC
1.- Jack Barker (ENG)
2.- Edu Etxeberría (EUS)
3.- Darren Bason (AUS)
4.- Xabi Olano (EUS)

WOMEN HP
1.- Tamsin Green (ENG)
2.- Enara Ibarburu (EUS)
3.- Garazi Iturralde (EUS)
4.- Teresa Carranza (EUS)

WOMEN IC
1.- Tamsin Green (ENG)
2.- Teresa Carranza (EUS)
3.- Enara Ibarburu (EUS)
4.- Olatz Garmendia (EUS)

JUNIOR HP
1.- Oier Uruburu (EUS)
2.- Gorka Martín (EUS)
3.- Odei Etxeberría (EUS)
4.- Hodei Crujeiras (EUS)

JUNIOR IC
1.- Gorka Martín (EUS)
2.- Oier Uruburu (EUS)
3.- Odei Etxeberría (EUS)
4.- Lloyd Jackson (WAL)

MASTER HP
1.- Edu Etxeberría (EUS)
2.- Glyn Brackenbury (ENG)
3.- Oskar Martínez (EUS)
4.- Darren Bason (AUS)

MASTER IC
1.- Darren Bason (AUS)
2.- Glyn Brackenbury (ENG)
3.- Daniel Pérez (GAL)
4.- Ewen Arkinson (WAL)

GRAN MASTER HP
1.- Luis Abando  (EUS)
2.- Gary Adcok (ENG)
3.- Ian Sherrington (SCO)
4.- Dennis Judson (USA)

GRAN MASTER IC
1.- Gary Adcok (ENG)
2.- Jock Joung (SCO)
3.- Ian Sherrington (SCO)
4.- Luis Abando  (EUS)

EQUIPOS
1.- Euskadi
2.- England
3.- Wales
4.- Ireland

Ver clasificación completas en cada categoría AQUÍ

Edu Etxeberría

Paul Robertson

Nathan Eades

Urko Otxoa

Respecto a participación galega hai que destacar sobre todo o tercerio lugar de Dani Pérez na final Master IC, foi o único que conseguíu meterse nunha final, os demáis fixemos o que pudemos.
Eu pola miña parte metínme na semifinal de Master HP en finalmente clasifiquei séptimo.

Na competición por equipos o resultado non está nada mal, alcanzamos a sexta posición final, por diante de Escocia e Portugal, dous países con moita máis tradición e anos de kayaksurf que Galicia,


Equipo Galicia


18 ene 2016

Waveskis feitos na casa. Episodio II

Levóunos tempo pero por fin acabamos outro waveski. Os acabados aínda non se pode decir que sexan moi bos pero tampouco é algo que nos preocupe moito, o importante é que temos dous waves facendo unha inversión moi pequena en material, e as horas de traballo son nosas e non temos que pagarllas a ninguén.









Hai algunhas diferencias respecto ao primeiro wave que fixemos en 2014, cambiamos o núcleo de poliestireno por outro de poliuretano que se deixa traballar mellor, e cambiamos a resina epoxi por resina de poliester que é mooooito máis económica. Tamén modificamos un pouco o shape, agora temos máis superficie de bottom e máis volumen para quitarlle dificultade.



Manuel foi quen fixo o primeiro baño.


Ficha técnica:
229x62 cm
Núcleo poliuretano
Stringer contrachapado okume 6 mm
Manta bidireccional 2x200 gr/m2
Resina poliester
Caixas Future

Shapeado, pintado e laminado por Luis & me.