18 ene 2016

Waveskis feitos na casa. Episodio II

Levóunos tempo pero por fin acabamos outro waveski. Os acabados aínda non se pode decir que sexan moi bos pero tampouco é algo que nos preocupe moito, o importante é que temos dous waves facendo unha inversión moi pequena en material, e as horas de traballo son nosas e non temos que pagarllas a ninguén.









Hai algunhas diferencias respecto ao primeiro wave que fixemos en 2014, cambiamos o núcleo de poliestireno por outro de poliuretano que se deixa traballar mellor, e cambiamos a resina epoxi por resina de poliester que é mooooito máis económica. Tamén modificamos un pouco o shape, agora temos máis superficie de bottom e máis volumen para quitarlle dificultade.



Manuel foi quen fixo o primeiro baño.


Ficha técnica:
229x62 cm
Núcleo poliuretano
Stringer contrachapado okume 6 mm
Manta bidireccional 2x200 gr/m2
Resina poliester
Caixas Future

Shapeado, pintado e laminado por Luis & me.

No hay comentarios:

Publicar un comentario