2 abr 2013

Santa Cruz Paddle Fest 2013

A 27ª edición do Santa Cruz Paddle Fest non contou esta vez con participación galega, ... crisis crisis la puta de la crisis !!


Polas fotos que chegan desde California vese que tiveron un bonito swell, máis pequeno que o ano pasado pero un pouco máis ordenado, en calquer caso unhas ondas caralludas.

Destacada actuación do vasco Julen Arrizabalaga que conseguíu a segunda posición en HP utilizando un equipo prestado, con un barco do ano da polca, un PS Mako, nada que ver cos kayaks de hoxe, é o mismo modelo que me prestou a min o amigo Wayne Waddington cando viaxei a California en 2009, un tronco.

Resultados:
Kayaksurf HP:
1.- Sean Morley
2.- Julen Arrizabalaga
3.- Ken King
4.- Darren Bason

Kayaksurf IC:
1.- Jim Grossman
2.- Mathew Hoff
3.- Darren Bason
4.- Eric Connor

Kayaksurf Master Open:
1.- Jim Grossman
2.- Sean Morley
3.- Matt Radis
4.- Ted Morris

Waveski Open:
1.- Tyler Lausten
2.- Ken King
3.- Fletcher Burton
4.- Ed King

Kayaksurf HP Women:
1.- Kate Duncan
2.- Rachel Krugman
3.- Devon Barker
4.- Kate Hives

Kayaksurf IC Women:
1.- Devon Barker
2.- Kristie Koski
3.- Morlee Griswold

Fotos de Inge Watson:
Venres
Sábado
Domingo

Dan Crandall

Julen Arrizabalaga

Sean Morley

Mathew Hoff

Jim Grossman

O tombo de Steamer Lane

Tódalas clasificacións xerais e puntuacións completas de cada manga aquí:

Máis información:


31 mar 2013

Minivídeo

E para rematar o excelente mes de marzo un minivídeo dunha curta sesión de surf en Razo.

25 mar 2013

A primavera empeza ben

Despois de un inverno non demasiado bo estamos tendo un mes de Marzo que nos está dando moi boas sesións de surf en Razo, con un mar ordenado e con forza, que nos pode vir moi ben para chegar en forma a Mundaka.






Esta vez foi Luis quen quixo coller a cámara, ... non houbo maneira de quitarlle a idea :)


Wellcome primavera !!

19 mar 2013

Mundaka 2013

Acércase unha nova edición da Mundaka Kayaksurf Txapelketa, esta será a undécima edición da proba, e será tamén a quinta vez que eu vaia a competir a Euskadi.
Como nos dous anos anteriores viaxarán conmigo Manuel e Rubén e iremos en representación do Club Razo Kayaksurf.


Para empezar a temporada non está nada mal.

14 mar 2013

1991 Surf Kayak World Championships

Boísimo vídeo do mundial de kayaksurf 1991 !!!, en Thurso, Escocia.
A evolución da especialidade é ben clara durante estes 22 anos, pero hai que recoñecer que con eses barcos pouco máis se podía facer.
Por aquela época eu creo que ainda nunca me subira a unha piragua.

  
1991 Suf Kayak World Championships - Thurso from goatinaboat on Vimeo.

10 mar 2013

Razo quality

Moi boa sesión en Razo con mar potente e ordenado ... e o mellor de todo uncrowded total , toditas pa mí !!!








Gracias Rubén por deixar o kayak na casa !!

27 feb 2013

Inicio temporada 2013

Xa falta pouco para o inicio da nova temporada de kayaksurf. Para empezar teremos no mes de abril a proba de Mundaka, e no mes de maio seguiremos en Peniche ca 1ª etapa da Copa Ibérica.

As demáis probas xa casi todas teñen as datas definidas e nunha próxima entrada colgarei o calendario completo.


25 ene 2013

Fotos de portada

Cada certo tempo vou cambiando a foto de cabeceira do blog, escollidas de entre as que máis me gustan ou as que están de actualidade en ese momento, estas son as de 2012:



Recordamos tamén as de anos anteriores.

2011

2009-2010 Gracias a tódolos fotógrafos que fan que podamos disfrutar tamén fora da auga.

22 ene 2013

Entrevista Kayaksurf.net

Pois aquí está a miña primeira entrevista. Despois dos bos resultados da temporada pasada Luis Pedro Abreu pensou que merecía unha entrada na sección de entrevistas de Kayaksurf.net

Ver entrevista aquí:

Tamén en 100% Surf

Obrigado Luis !!

21 ene 2013

9 ene 2013

Copa Ibérica 2013

Xa hai datas para as probas da Copa Ibérica 2013, e igual que en 2012 serán catro probas puntuables, dúas en Portugal e dúas en Galicia, das que valen os tres mellores resultados para a clasificación final.


Imaxe de Kayaksurf.net

31 dic 2012

Resumen 2012

O ano pasado fixen un pequeno resumen de como foi a temporada 2011, e agora que xa rematou o 2012 imos tamén a recordar como foi:

Spots:
Galicia: Razo, Baldaio, Beo, Seaia, Malpica, Vilarrube, Bastiagueiro, Pantín.
Euskadi: Mundaka.
Portugal: Baleal-Peniche, Almagreira-Peniche, Aguçadoura.
California: Steamer Lane-Santa Cruz.

Horas de surf: 130

Competicións e resultados:
26th Santa Cruz Paddle Fest: Kayaksurf HP
X Mundaka Txapelketa: Kayaksurf HP Master
1ª Etapa CNKW Peniche: 13º Kayaksurf HP
III Open Razo: Kayaksurf HP
Xtreme Pantín: Kayaksurf HP e Trofeo Onda Brava
3ª Etapa CNKW Peniche: Kayaksurf HP
Open Bastiaguerio: Kayaksurf HP
Copa Ibérica: Kayaksurf HP

Algúns dos mellores momentos:

Make your own slideshow at Animoto.

Esperemos que o 2013 sexa igual de bo !!

21 dic 2012

Copa Ibérica Kayaksurf e Waveski 2012 - Resultados

Xa temos a clasificación final da Copa Ibérica de Kayaksurf e Waveski 2012.
Despois das catro probas disputadas (Peniche, Pantín, outra vez Peniche e Bastiagueiro) os vencedores son Miguel Carvalho en Kayaksurf HP, Paulo Simoes en Kayaksurf IC e Bruno Melo en Waveski, ademáis temos tres galegos no podium final: José Piñeiro 2º en Kayaksurf HP, Iván Pena 4º en Kayaksurf IC e Daniel Pérez 3º en Waveski.






Datos obtidos de Kayaksurf.net

Parabéns aos vencedores e a organización.

28 nov 2012

Open Bastiagueiro Kayaksurf e Waveski 2012 - Resultados

Últíma proba da Copa Ibérica e da temporada 2012, con un bo número de participantes procedentes de Portugal e Euskadi, ademáis dos locais.

Estes foron os resultados:

Kayaksurf HP


Kayaksurf IC


Waveski


Sit on Top


Kayaksurf HP Junior 
1.- Odei Etxeberria
2.- Teresa Carranza
3.- Oeir Uruburu
4.- Enara Ibarburu
5.- Gorka Martín


Best Wave
Odei Etxeberría



Best Wipeout
Paulo Simões

Fotos Manuel Andrade

A falta de incluir os resultados de Bastiagueiro a clasificación provisional da Copa Ibérica pódese consultar nos seguintes enlaces:

17 nov 2012

Afortunados ellos

Os dous compis disfrutaron o pasado venres dunha boa sesión (mañán e tarde) en Razo, e non perderon a oportunidade para chamarme en horario de traballo e decirme o ben que o estaban pasando ... gracias, gracias, graciñas, sempre é agradable que se acorden de un ... ainda que sexa para f _ _ _ r. ;)

 

10 nov 2012

Open Bastiaguerio Kayaksurf e Waveski 2012

En Bastiaguerio os días 24 e 25 de novembro disputarase a última proba da Copa Ibérica, que será tamén a  última proba da temporada 2012. 
Despois de Peniche, Pantín, e outra vez Peniche, Bastiagueiro será onde se decida quenes son os primeiros campións da Copa Ibérica de Kayaksurf e Waveski.


29 oct 2012

CNKW 2012 - III Etapa Peniche - Resultados

Última etapa do circuito portugués en Peniche e terceira da Copa Ibérica, en esta ocasión con organización compartida a cargo do Peniche Surf Clube e o Figueira Kayak Clube
Esta vez as condicións de mar foron moito mellores que na proba do mes de Maio que tamén fora en Peniche.

Os dous galegos que viaxamos a Peniche conseguimos resultados caralludos, por encima do que esperabamos creo eu.
Iván sacou un segundo posto en Kayaksurf IC por diante de Bruno Melo, Miguel Carvalho e compañía, e o só leva 5 meses co IC.
Pola miña parte eu conseguín un primeiro posto en Kayaksurf HP.

Galicia Calidade !!

Final Kayaksurf HP:
1.- Jose Piñeiro (Club Razo Kayaksurf)
2.- Bruno Melo
3.- Miguel Carvalho
4.- Paulo Simoes

Final Kayaksurf IC:
1.- Paulo Simoes
2.- Iván Pena
3.- Rui Calado
4.- Bruno Melo

Final Waveski:
1.- Bruno Melo
2.- Miguel Carvalho
3.- Rui Calado
4.- Hugo Paz

Final Sit on Top:
1.- Eurico Viana
2.- José Forte
3.- Gonçalo Marçalo
4.- Francisco Carvalho

Best Wave:
Bruno Melo

Fotos de José M. Oliveira e Sousa:
Pinchar para acceder ao album

e fotos de Pedro Carvalho:

Mentras esperamos pola edición de vídeos xa temos o primeiro de Joao Vaz
 

Polo demáis teño que decir o de sempre, gran ambiente e gran acollida dos amigos portugueses.

15 oct 2012

Club Razo Kayaksurf

A principios de 2012 naceu o Club Razo Kayaksurf, un grupo de seis elementos unidos pola mesma pasión: o mar, as olas, as piraguas ... e o "terceiro tempo" no Cordobés, imos a ver quenes son os rapaces:

Pablo Periscal
Sept. 74
Barco: Mega Phantom
"Si vos entrades eu tamén"

Jose Piñeiro
Abril 69
Barco: Random Evolution
"¿Pedras?, ¿qué pedras?"

Manuel Andrade
Xuño 68
Barco: Mega Scarab
"Hmm ... no lo veo claro"

Luis Veira
Maio 64
Barco: Mega Boost
"Cando chegará o sábado"

Rubén Añón
Abril 76
Barco: Mega Neutron RV
"Vouvos papar"

Chisco Fraga Piñeiro
Marzo 72
Barco: Mega Reflex
"Hoy no voy"

Headquater: Praia de Razo

O máis novo de todos nos empezou a ir a escola fai 30 anos nada menos, máis de un xa é papá e algún vai a selo en breve, outros peinan canas, hai quen non peina nada e hai quen vai en proceso de, incluso algún xa casi cotizou o suficiente para cobrar a pensión de xubilación, .... pero aínda así parecemos nenos pequenos cada vez que chegamos a praia e sabemos que durante as dúas ou tres horas seguintes estaremos facendo o que máis nos gusta, ... disfrutar do mar !!
... y que sea por muchos años.

Contacto: razokayaksurf@yahoo.es