17 jul 2012

Neptuno is back

O símbolo do Ocean Spirit xa está en posición na Praia do Mirante, en Santa Cruz.


En dez días dará comenzo a sexta edición do Ocean Spirit, e esta vez o formato de competición da Kayaksurf Cup será algo diferente do que viña sendo hasta agora.
Será algo parecido a unha liga de regularidade en lugar das mangas clasificatorias. Haberá entrada cada día, de luns a sábado, para cada un dos competidores en heats de 30 min. e o domingo 5 de agosto serán as finais.
Este sistema asegura que compites como mínimo seis días seguidos e evita que podas quedar fora o primeiro día, o cal para os que viaxan desde lonxe é un punto a favor, pois facer 500 ou 1.000 km como fai algunha xente para ao mellor só 15 min. é un pouco frustrante, ademáis de caro.

Ademais da Kayaksurf Cup disputarase o Waterman Wanted proba combinada que valorará o atleta máis completo no dominio de varias modalidades diferentes (Stand Up Paddle, Surf, Longboard, Kayaksurf, Waveski, Windsurf, Kitesurf e Bodyboard)

No hay comentarios:

Publicar un comentario