24 jul 2012

Xtreme Pantín Kayaksurf & Waveski

Falta xusto un mes para a proba de Pantín e, a parte dos surfistas locais, xa hai uns cuantos craks que confirmaron a súa participación na que seguramente será a mellor proba de kayaksurf e waveski celebrada hasta o momento en Galicia.


De momento sabemos que virán nada máis e nada menos que Edu Etxeberría (Euskadi), Chris Hobson (Irlanda), Mathieu Babarit (Francia), Alejo Pacheco (Costa Rica), Marc Woolward (Inglaterra), Stefano Bellotti (Italia), ...
As inscripcións (www.xtremepantin.es) aínda non están pechadas e é seguro que a presencia de toda esta xente ataerá a moitos máis participantes.

Será unha boa oportunidade para todos os surfistas locais de disfrutar e aprender ao lado de varios campións mundiais, e a só uns minutos da casa.
Por suposto o Club Razo Kayaksurf estará ao completo en Pantín, a ocasión meréceo.

Parabéns a Daniel e Iván polo que se presume será todo un éxito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario